Partido Popular de Lugo

González Barcia afirma que Llano e Cando fixeron o ridículo pedindo a emisora municipal

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que tanto Llano coma Nieves Cando fixeron o máis grande dos ridículos coa petición da emisora de radio que se fixo en pleno hai uns meses. Naquel pleno, no que se aprobou sen máis a petición dunha emisora municipal para Burela, o PP pediu que o asunto quedara sobre da mesa, porque faltaba documentación, como estudio económico ou proxecto técnico. Nieves Cando dixo que se estaba a preparar toda a documentación, e, en contradicción coa anterior, Sonia Fraga dixo que xa se prepararía.

Agora resulta que a Xunta solicita un montón de documentación ó Concello de Burela para condecer a emisora de radio municipal, tal e como anticipara no pleno o propio portavoz do PP, González Barcia.

En efecto, a Xunta de Galicia, con data 14 de Novembro, solicita do Concello que se remita unha serie de documentación que en certos casos tén que pasar polo Pleno do Concello: presuposto anual e estudio de viabilidade económica, reglamento de réxime interior, forma de xestión da emisora, memoria de actividades, descripción dos equipos, plano do centro emisor, etc.

Barcia afirma que hasta a xunta de goberno de once de Decembro, non se adoptara ningún acordo ó respecto.

Para González Barcia, resulta lamentable que un alcalde e unha alcaldesa erren de tal xeito neste tema, e que por riba presuman de que saben, cando resulta que non saben nada. E o que é peor, non queren aprender, o que significa que non hai maior ignorante ca aquel que non quere nin atender, nin entender, nin aprender; Barcia asegura que no pleno se lles dixo que a documentación estaba totalmente incompleta e que sería bó que se deixase o asunto sobre da mesa. Llano, que se fixo o sabiondo no tema, e Cando, que desbarrou todo o que quixo sobre a labor cultural, non quixeron, e agora vese que o PP estaba no certo, por unha razón, porque neste tema, alomenos, sabemos tanto coma eles, ou quizaves máis, pola experiencia de algún de nós.

Os veciños e veciñas de Burela teñen que darse conta que se estes personaxes son capaces de facer esto cun tema intrascendente, xa nos podemos imaxinar do que poden ser capaces. Porque a ignorancia, xunto coa prepotencia, e xunto coa presunción, son o maior ejemplo da forma de comportarse destes dous personaxes, que se pasan o día “estudiando como se fan as cousas, mirándoo ben”, pero que nada resolven.

González Barcia confía en que este tema sexa de novo tratado no pleno do concello, porque os cidadáns deben saber, con todo  detalle, cales son os custos da emisora e como se vai financiar.