Máis de 200 colaboradores e afiliados do Partido Popular da cidade de Lugo se sumaron á cea de nadal. Neste acto de confraternidade ademáis do Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, do voceiro do GMPP, Joaquín García Díez participaron deputados autonómicos e concelleiros do grupo municipal da capital.
O Presidente Provincial subliñou o compoñente familiar desta cea “compartimos unhas mesmas ideas e iso crea un vínculo de unión”. José Manuel Barreiro dixo que “o Partido Popular é o que máis se parece á sociedade lucense” e pediu aos colaboradores o seu apoio para o vindeiro 2008 “volveremos a necesitaros a todos vós e aos vosos”.
Para o Presidente Provincial é preciso que tralo nove de marzo haxa un cambio “para mellorar as condicións de vida dunha sociedade que xa se empeza a preocupar pola situación da economía”. Barreiro explicaba cun simil a percepción da cidadanía con respecto a situación económica “cando nos apreta o bolsillo é o mesmo que cando nos apreta o zapato. Temos que mellorar a saúde política do partido e temos a medicina para que non nos manque o zapato: sacalo fóra, hai que sacar fóra a Zapatero” sentenciou.
Para finalizar o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, agradeceu á fidelidade e o esforzo desinteresado da militancia do PP de Lugo.
Pola súa banda, o voceiro do GMPP Joaquín García Díez brindou por un nadal tranquilo para todos “traballamos moito para merecelo” puntualizou. O voceiro do GMPP puxo o punto de mira no primeiro trimestre de 2008 onde “nos xogamos algo moi serio” e amosou o seu desexo de que co esforzo de todos se constrúa o modelo de país que o PP sempre defendeu”.