Partido Popular de Lugo

SABINO DÍAZ FOI ELEXIDO ONTE POR ACLAMANCIÓN PRESIDENTE DA XUNTA LOCAL DO PP DE RIBEIRA DE PIQUÍN

Ampliar o número de afiliados e achegarse aínda máis ós simpatizantes para involucralos todo o posible no proxecto do partido son os obxectivos fundamentais que se marca Sabino Díaz Fernández tras ser elexido onte presidente da xunta local do Partido Popular de Ribeira de Piquín.

 
Díaz Fernández explicou que as persoas que o acompañan na executiva conforman un grupo moi compacto xa que levan moitos anos traballando xuntos. De feito, están integrados nel todos os concelleiros que o acompañan no equipo de goberno municipal.

Neste senso Sabino Díaz indicou que seguirán a mesma liña de traballo que veñen desenvolvendo dende hai xa bastante tempo, ó tempo que se comprometeu a facer un esforzo extra de cara ás vindeiras eleccións nacionais.

 

José Manuel Barreiro tamén manifestou a súa satisfacción pola constitución desta xunta local e salientou a importante laboura que está levando a cabo o Partido Popular, na que teñen un papel fundamental as bases, neste proceso de renovación ou de creación, como era éste caso, das xuntas locais do partido.

Acompañan a Sabino Díaz na ejecutiva Hermesindo Fernández López, Manuel Rego Fernández, José Luis Pin Fernández, Dionisio Carrín Fernández, Luis Antonio Campos Toimil, Otilio Gabino Ron, Roberto Vidal, Eladio Pérez e Laura Alicia Lastra.