Partido Popular de Lugo

O PP DENUNCIOU HOXE QUE O PSOE VOLTA A PROMETER NA COMARCA DE SARRIA O MESMO QUE HAI CATRO ANOS

O Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, o senador Fernando Carlos Rodríguez, a Deputada autonómica, Carmen Janet Salgado Núñez, xunto con alcaldes e voceiros dos concellos da comarca de Sarria, ademais de explicar pormenorizadamente hoxe as 25 enmendas que defenderán os populares para a zona no Parlamento galego para que se inclúan nos orzamentos do 2008, criticaron, non só que a inversión prevista polo bipartito sexa moi reducida, tamén que as súas contas non inclúen ningunha actuación nova para a zona e, o que é ainda peor, que nin sequera prevén proxectos que en campaña electoral comprometéranse a executar.

As partidas asignadas polo bipartito á comarca de Sarria, lembraron os populares, redúcense ás referidas ós corredores Nadela-Sarria e Sarria-Monforte e para a planta de transferencia de Sogama e a adquisición de novos contenedores. Supoñen, en conxunto, pouco máis de 23 millóns de euros, 11 millóns menos que os previstos nos orzamentos deste ano e 25,5 millóns con respecto ó ano 2006.

 

Á ampliación do centro de saúde ou a dotación dun centro de día en Sarria son dous dos proxectos comprometidos polo PSOE para o que, pese o anuncio feito hai uns días de que se retomarán, sorprendentemente non teñen asignación presupuestaria para o vindeiro ano. “O PSOE empeza a ternos xa acostumados a prometer o mesmo cada vez que se achega unha cita electoral que despois reiteradamente e sen ningún pudor, incumple”, asegurou en este punto José Manuel Barreiro.

Así, recientemente volveuse a lembrar o compromiso feito no ano 2004 de que Sarria vería ampliado o centro de Saúde. Para elo, segundo se anunciou, actualizarase o proxecto técnico e o orzamentario de hai catro anos e que estimaba o custo en preto de tres millóns de euros. O mesmo acontece co centro de día, que, según din, terá 54 plazas e requerirá algo máis de 1,2 millóns de euros. “Din dende o PSOE que as obras principiarán o vindeiro ano e que haberá que perfilar a cuestión da financiación. Algo evidente e obrigado xa que”, segundo recalcaron hoxe os populares, “os orzamentos da Xunta non establecen ningunha partida específica para este asunto no vindeiro ano”.

Os populares tamén fixeron referencia a outros proxectos que o bipartito, pese a telos compromentidos, non incluiu nas súas contas para o 2008 como a rede de saneamento de Triacastela ou As Pasantes ou incluso o acondicionamento da estrada LU-641, entre Cruz de Incio e Castrocan, para a que pediu o PP preto de 200.000 euros.

Así as cousas, o Partido Popular segundo anunciaron hoxe os seus representantes, reclamará que o investimento que ten previsto o bipartito para o 2008 se incremente en algo máis de 23 millóns de euros na comarca de Sarria.

Dende o punto de vista do montante económico do total das enmendas presentadas, as peticións formuladas á Consellería de Política Territorial son as máis relevantes, xa que ascenden a preto de 14,5 millóns de euros, dos que 12,6 corresponden á Autovía Sarria-Monforte, e pese a que nelas non se inclúe a terceira fase da estrada Sarria-Becerreá, a correspondente ó tramo Saa-Becerrea, para o que o PP solicitan oito millóns de euros e para a que o bipartito non adicou nin un só euro.

Séguelle, no que atinxe ó importe económico, a Consellería de Cultura e Deporte, a que se lle demandan algo más de 1,5 millóns de euros, a de Medio Ambiente cunha cantidade similar e Vicepresidencia na que as catro enmendas presentadas suman 1,1 millóns de euros.

Así, o PP presentou enmendas para a autovía Sarria-Monforte (12,6 millóns de euros); para o arranxo da estrada Sarria-Becerreá (300.000 euros); para a LU-621 Pobra de San Xián (Láncara)-Baralla (970.000 euros), á que o bipartito tamén esqueceu adicarlle partida; e para a execución da segunda fase da rúa Benigno Quiroga (250.000 euros), en Pobra de San Xián (Láncara) e 100.000 euros para a estrada Pobra de San Xián ata Portomarín.

Para o concello de Sarria, os populares presentaron enmendas para o auditorio (425.000 euros); para a mellora do abastecemento de Sarria (350.000 euros); para a ampliación do centro de saúde (200.000 euros), para o centro de día (300.000 euros), e para a rehabilitación da antiga casa das Arsenias para ubicar nela dependencias municipais, que se enmarca dentro do plan de rehabilitación do casco histórico (240.000 euros).

O PP tamén reclama 400.000 euros para un campo de fútbol de herba artificial e 60.000 euros máis para melloras no pavillón do Chanto.

Para o concello de Triacastela os populares reclaman 350.000 euros para o saneamento e depuración en Ramil e As Pasantes; para o centro de día, 150.000 euros e 700.000 euros para a compra dun edificio emblemático e a súa posterior restauración para adicalo a Casa de Cultura.

O PP reclama para o concello de Paradela, 360.000 euros para a traída de auga; 500.000 euros para unha residencia de ancianos e 400.000 euros para o refuxio de peregrinos.

No concello de Láncara piden 77.800 euros para o saneamento do polideportivo e do barrio do campo da feira; no de Samos, 350.000 euros para unha planta de alevinaxe na área fluvial de Teiguín e 150.000 euros para o parque empresarial, así como 150.000 euros para o centro de saúde de O Páramo.