Partido Popular de Lugo

NOTA DE PRENSA DO PORTAVOZ ADXUNTO DO GRUPO PROVINCIAL POPULAR, JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ BARCIA

O Portavoz Adxunto do Grupo Provincial do Partido Popular, José María González Barcia, considera que o bigoberno da Deputación “xa anticipou as vacacions de Nadal”, porque na Xunta de Goberno de hoxe só trataron dous temas, en concreto a aprobación dun modificado dunha obra de saneamento no Concello de Barreiros e cinco planos de seguridade; dous temas, segundo Barcia, que demostran o mui pouco traballo e a escasa capacidade de xestión do bigoberno. Barcia cre “que os membros da Xunta de Goberno nin se sentaron para resolver estes temas, porque non pudieron ter tempo material”.

Para Barcia, o de hoxe é unha mostra máis da parálise á que está sometida a Deputación: paralización de obras, paralización de procesos de expropiación, revisionismo total de todo expediente que sexa da época anterior…; por incapacidade, hasta non son capaces nin a sacar para adiante a aprobación das subvencións dos planos de comunidades veciñais; cremos que xa é hora de que se poñan a traballar en serio, porque xa levan cinco meses prácticamente no bigoberno, e esta situación non se pode prolongar moito, xa que en definitiva os grandes perjudicados serán os cidadáns da provincia.

Finalmente, Barcia afirma que o que sí fan, e a este paso van de récord, é autobombo e propaganda con cartos públicos, o que sería justificable se fixesen algo, pero como non fan nada, os resultados da inversión en autobombo é igual a cero.