Javier Varela foi elexido onte por aclamación da militancia asistente, na asamblea xeral convocada para tal fin, como presidente da executiva local do Partido Popular de Antas de Ulla. A elección foi respaldada polo Presidente Provincial do partido, José Manuel Barreiro, así como polo Secretario Xeral, José Manuel Balseiro. Acudiron á asamblea, entre outros cargos do partido locais, a Deputada autonómica Susana López.
Varela, tamén alcalde da localidade, proponse para esta nova andaina traballar para revitalizar o partido e facer unha labor divulgativa intensiva do programa electoral co que concurrirá o Partido Popular ás eleccións do mes de marzo. Tamén anuncióu a súa intención de ampliar o número de persoas que integran a súa executiva para que enriquecer todo o posible e coas ideas que cada quen aporte o proxecto político a desenvolver polo Partido Popular neste concello.
José Manuel Barreiro aproveito a ocasión para animar á nova executiva e os militantes presentes a aunar esforzos para facer unha campaña electoral moi activa e, sobre todo, a pé de rúa.
Acompañan a Javier Varela na executiva Daniel Mariño Calvo, Calos Sobrado García, José Robustiano Taboada Frias, Luis Varela Besteiro, María Rodríguez Mariz, María Concepción Ouro García, Jesús Lamela Varela, Marcelino Rodríguez Cabana, Ernesto Rodríguez Expósito e María do Carme Pérez Rodríguez.