O Voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, tra-la reunión mantida esta mañá cos deputados provinciais, analizou en rolda de prensa ó que ata o momento deron de si as xestións realizadas pola Deputación e a Consellería de Presidencia para dotar de parques de bombeiros ás diferentes comarcas da provincia.
O Voceiro do Grupo Provincial popular aproveitou a súa comparecencia para criticar o “atrevemento” da Ministra de Agricultura, Elena Espinosa, que esta mañá inaugurou unha xornada de investigación organizada polo Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo.
José Manuel Barreiro ironizou sobre a visita da titular de Agricultura a Lugo ó preguntarse se aproveitará a ocasión para falar de novos plazos sobre aquel proxecto estrela que o seu compañeiro de partido José Blanco comprometeu hai xa case catro anos: a creación dun centro agroalimentario e forestal que tería influencia sobre todo o noroeste do Estado e, o máis importante, suporía a creación de 15.000 postos de traballo (3.000 deles en Lugo) nun prazo de catro anos.
“A realidade, como acoteceu coas demais promesas realizadas polo Sr. Blanco”, segundo indicou Barreiro, “é que, a punto de espirar os catro anos dos que falaba, nada se sabe daquel magno proxecto que ía dinamizar a economía no só da nosa provincia, tamén das limítrofes”.
“Ese proxecto estrela”, engadiu o Voceiro do Grupo Provincial popular, “tina que estar funcionando xa no 2006 e suporía unha inversión de 18 millóns de euros, pero que saibamos, ata o de agora, só se pagaron os salarios das persoas da unidade de xestion e dinamización do Cetal, que se atopa en Garabolos, e de organizar dúas xornadas, incluida ésta, que son máis propagandistas que outra cousa, e nas que, por certo, sempre, participa a Ministra Salgado”.
O Voceiro do Grupo Provincial popular abogou porque tanto Salgado como Blanco actúen con “seriedade e responsabilidade” e convidounos a “cumplir as promesas e, no caso de que non se cumplan, a explicar os motivos”.
Barreiro tamén fixo referencia á falta de coordinación entre o Goberno central e a Xunta para a posta en marcha do proxecto que o único que fai é retrasalo.
No que atinxe o tema dos bombeiros, o Grupo Popular criticou a falta de concreción da proposta realizada polo Presidente da Deputación xa que “está vacía de contido”.
Os populares botan en falla que non se concretara nada sobre a ubicación dos futuros parques de bombeiros comarcais e, como consecuencia desto, tampouco está claro o ámbito de actuación de cada parque. Tampouco se aclara como se pretende comarcalizar os actuais parques municipais de Lugo e Monforte.
Para o Grupo Provincial do PP é urxente concretar estas cuestións xa que delo dependerá establecer a súa posterior definición porque posiblemente sexa necesario sopesar a creación de subparques co fin de cubrir da maneira mais axeitada e eficaz posible toda a provincia.
Na proposta da Deputación tampouco se fai referencia á temporalización prevista, e para o PP é fundamental que os parques comarcais estén plenamente operativos no verán de 2009.
No que atinxe ó equipamento, o PP considera que deben contar con material que permita loitar contra os incendios que se rexistren nas zonas urbanas pero sen esquecer ó medio rural e as súas peculiares circunstancias.