O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, xunto coa deputada autonómica Manuela López Besteiro, reunironse hoxe en Navia de Suarna con alcaldes e voceiros do Partido Popular para analizar a situación na que se atopa a Montaña lucense.
A conclusión á que chegaron os populares tras un pormenorizado análise é que as comarcas de A Fonsagrada e Os Ancares son, como xa denunciaron reiteradamente, as grandes esquecidas da administración provincial e autonómica. Están, ó enteder dos populares, totalmente abandonadas. É de feito a zona que ocupa o último lugar nas inversións previstas pola Xunta nos orzamentos de 2008 de toda Galicia.
Non só non figuran nos plans de orzamentos da Xunta (hai unha rebaixa de preto do 12 por cento na previsión do gasto previsto para o vindeiro ano con respecto ó presente exercicio) senón que propostas de grande interese social para a zona propostas polo PP foron rexeitadas na Cámara galega por PSOE e BNG.
No que atinxe a este último punto, os populares lembraron que o Grupo Parlamentario propuxo no Parlamento que se instara á Xunta a inciar as obras de construcción de sendas residencias xeriátricas en Becerreá e A Fonsagrada e coas prazas suficentes como para dar resposta ás necesidades das respectivas comarcas de Os Ancares e A Fonsagrada. A resposta do PSOE e o BNG foi idéntica en ambos casos: rexeitarona.
![]() |
Orzamentos.-
No que se refire as contas previstas pola Xunta para o vindeiro ano, os populares reiteraron as críticas que xa realizaron nun primeiro análise dos orzamentos:
Demostran unha clara falta de compromiso coas comarcas da montaña lucense, ata tal punto que dous dos nove concellos afectados (Cervantes e Pedradita) nin sequera figuran neles. O Plano de reequilibrio brilla, unha vez máis, pola súa ausencia.
Os orzamentos tampouco recollen partidas para ningunha obra nova, nin sequera para aqueles proxectos comprometidos. As tres actuacións previstas, todas referidas a vía comunicación (a de Meira-Baleira, a de Becerreá-Navia de Suarna e a de A Fonsagrada co límite de Asturias) viron recortadas sustancialemente a súa asignación con respecto as previsións establecidas no orzamento deste ano.
Neste contexto os populares referironse ás enmendas que para esta comarca defenderán no Parlamento e que supoñen un incremento de algo máis de 16 millóns de euros.
Fan, en concreto, referencia ás residencias da terceira idade para as que piden, en total, 1,6 millóns de euros: Fonsagrada (0,5 millóns), Becerreá (0,5 millóns), Cervantes (0,2 millóns), Ribeira de Piquín (0,2 millóns) e Navia (0,2 millóns).
Para estradas, solicitan incrementar a partida para a estrada Navia-Becerreá en 850.000 euros, preto de 500.000 euros para a prolongación da conexión coa autovía do vial Cádavo-Baralla; para a terceira fase da de Saa- Becerreá, oito millóns, e para a de A Fonsagrada ata o límite con Asturias, preto de 1,4 millones de euros máis.
Para os polígonos industriais de A Fonsagrada, Becerreá e As Nogais presentaronse enmendas por importe de 0,3 millóns de euros mentres que para a cooperación con concellos (A Fonsagrada, Becerreá, Pedrafita, Baralla, Cervantes, As Nogais, Castroverde, Baleira, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna) para a instalación de banda ancha pediron preto de un millón de euros.
Tamén se presentou enmenda, segundo especificaron os populares, para o albergue xuvenil de Pedrafita (200.000 euros) e para o centro sociocultural de Castroverde (200.000 euros).
Os populares piden incremento dos orzamentos para as depuradoras de auga potable (As Nogais -400.000 euros- e Navia de Suarna -400.000 euros); saneamento en zonas rurais (Meira -300.000 euros- e Pol -300.000 euros-) e tamén solicitan 300.000 euros para a presa do Muradal en A Fonsagrada e idéntica cantidade para o abastecemento de auga en Cádavo (Baleira).
Consideran os populares que con estas enmendas non só se teñen en conta os “olvidos e rebaixas” do bigoberno senón que se poñen as bases para convertir en real o compromiso de reequilibrar Galicia e de compensar o abandono no que se atopa esta parte da provincia de Lugo.
Deputación.-
O Partido Popular tamén criticou a actitude da Deputación para coa montaña lucense. Recalcaron os populares neste senso que a inversión nas obras que se atopan paralizadas dende que o PSOE e o BNG se fixeron cargo da Deputación ascenden a nove millóns de euros. Trátase de preto de unha veintena de actuacións referidas principalmente a estradas.