O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo manifestou hoxe que “o Sr. Besteiro está a incumplir reiteradamente as súas promesas e que a súa actuación ó fronte da Deputación limítase a unha política de xestos, centradas fundamentalmente en fortalecer a súa imaxe, que despois, ademais, non se concreta en nada”.
Para os populares resulta “inadmisible e lamentable que, logo de anunciar que ía solucionar o pago do canon eléctrico, e despois de que os alcaldes lle soliciten unha reunión para tratar este asunto, agora, ademais de non convocalos, por riba lles conteste a través da prensa e por persoa interposta”. Consideran os populares que esta actitude é unha clara “descortesía institucional”, máis se ten en conta que o actual presidente provincial alardea á mínima ocasión de que a Deputación estará ó carón dos concellos.
“A verdade”, engade o PP, “é que a súa actitude non nos sorprende, porque o único que está a facer Besteiro é unha campaña de autopromoción, pagada cos cartos de todos os cidadáns da provincia, e convertendo a Deputación nun feudo partidista”.
O Partido Popular lembra que Besteiro comprometeuse a reunirse con todos os alcaldes, facendo especial mención a aqueles afectados polo pago do canon enérxético, sen embargo, unha vez máis, as súas verbas acaban sendo papel mollado”.
Neste senso os populares instan ó Presidente da Deputación a que convoque a anunciada reunión cos rexidores para abordar o problema do canon e que, “ainda que só sea por cortesía institucional, lles explique cara a cara cales son as súas previsións ou as decisións que vai a adoptar neste asunto”.
“A este paso”, segundo indican os populares, “contaremos cun presidente virtual, que verémolo máis nas fotos dos medios de comunicación que traballando, que é para o que se nomeou”.
Declaracións de Lago Lage.
O Voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular, José María González Barcia, pola súa banda, fixo referencia ás declaración realizadas por Lago Lage sobre os parques de bombeiros provinciais indicando que “non pinta nada en toda esta historia”.
“Este persoaxe, de innombrable lembranza no concello de Cervo, é o menos indicado para falar. Na Deputación, ademais, non pinta nada, polo que o mellor que pode facer é calar”, engade.
Barcia considera que o asunto dos parques de bombeiros “está moi verde”, e que falar de cartos que non están presupostados é o máis doado do mundo, pero non leva a nada”.