Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR INSTA Á DEPUTACIÓN E Á XUNTA A ESIXIR A CREACIÓN DUN XULGADO DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN LUGO O VINDEIRO ANO

O Grupo Provincial do Partido Popular presentou unha moción en materia de violencia de xénero para que sea debatida no vindeiro pleno da Deputación provincial do mes de decembro.

 

O Partido Popular, que agarda que a súa proposta conte co respaldo dos demais grupos políticos pola trascendencia que presenta o asunto, quere que a Deputación inste á Xunta a esixir ó  Ministerio de Xustiza a crear no partido xudicial de Lugo un xulgado exclusivo en materia de violencia de xénero o vindeiro ano.

 

Os populares queren tamén que se elabore un Plan integral de sensibilización, prevención e tratamento da violencia de xénero que teña en conta os concellos a todos os niveis; que se estimule a coordinación e apoio entre as distintas administracións (Xunta, Deputación e Concellos) e que se creen centros de acollida e pisos ponte para as víctimas de violencia de xénero e para as persoas o seu cargo nas comarcas de Lugo, como desposta  inmediata ante situacións de agresión.

 

O Grupo Provincial Popular lembra na súa exposición de motivos que a Xunta de Galicia, de acordo co Tribunal Superior de Xustiza e cumprindo unha instrución do Consello Xeral do Poder Xudicial, acordou que, en todos os partidos xudiciais onde houbera máis dun xulgado, un deles encaríase en exclusiva ós asuntos de violencia contra a muller. O obxectivo non é outro que conseguir a máxima axilidade destes procedementos e a máxima cota de especialización tanto dos xuíces como de todos os funcionarios adscritos a estas unidades xudiciais.

 

Pero pese ó acordo existente, a realidade é que actualmente existen só dous xulgados específicos sobre violencia de xénero en Galicia, un en Vigo e outro na Coruña. Só dous dos 83 que existen en todo o Estado, o que pone de manifesto a discriminación da que é obxecto a nosa Comunidade nesta materia.

 

O Partido Popular recalca que os xulgados galegos recibiron no primeiro semestre do ano unha media de 13 denuncias por malos tratos o día, un total de 2.376 asuntos. Unha cifra que supón que rexistrouse un  incremento do 13% deste tipo de casos no segundo trimestre do ano con respecto o primeiro.

 

Segundo as estatísticas do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, o 87% das denuncias foron presentadas polas propias vítimas, mentres que o 13% restante  son casos nos que as demandas de maltrato chegan a través da policía, dos partes de lesións que chegan dos hospitais ou do entorno da vítima. É de salientar que esta última vía  só representa un 1,5% do total das denuncias contabilizadas en Galicia.

 

Segundo datos do Instituto da Muller a 30 de setembro diste ano, só en Lugo están vixentes un total de 269 ordes de protección.

 

O Grupo Provincial Popular recalca que a súa reivindicación foi plantexada tamén recientemente por xuices e fiscais, así como distintas organizacións de diversa índole.

 

 

Iniciativa nos concellos

 

Consciente de que a  violencia de xénero é un problema de todos e cada un dos galegos e galegas, e de que todos debemos tomar plena conciencia diste drama, o Partido Popular levará esta proposta a todos e cada un dos concellos da provincia.

 

A argumentación dos populares é clara: cada vez que unha muller é maltratada ou asasinada, fracasa toda a sociedade. Esta situación require unha resposta contundente, xa que é unha vulneración inadmisible dos dereitos fundamentais da muller.

 

Por elo, aínda recoñecendo que nos últimos anos fíxose un importante esforzo coa creación de Centros de Información á Muller, que desenvolven unha importante labor de asesoramento e de apoio psicológico ás mulleres maltratadas, o Partido Popular pretende que todos os concellos tamén insten á Xunta a reivindicar o incremento do número de xulgados de violencia sobre a muller, así como todas as medidas que plantexan na moción presentada na Deputación.

 

A elas hai que engadir tamén a dotación dun fondo de emerxencia en cada municipio que permita atender de xeito inmediato os casos de mulleres en situación de violencia de xénero que necesiten recursos con urxencia.