Partido Popular de Lugo

JESÚS CARREIRA FERREIRO PRESIDIRÁ A EXECUTIVA LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE GUNTÍN

Incluir caras novas na executiva local do Partido Popular e darlle un impulso ós afiliados “para que entre savia renovada que, a bon seguro, aportará cousas interesantes” son os principais obxectivos que se marca Jesús Carreira Ferreiro en calidade de presidente do recién elexido comité local de Guntín.

 

O Presidente Provincial dos populares, José Manuel Barreiro, xunto co Secretario Xeral, José Manuel Balseiro, respaldou coa súa presenza na asamblea celebrada a última hora da tarde do mércores na casa de cultura de Guntín a elección da executiva.

Barreiro manifestou a súa satisfacción polo proceso de renovación que se está a acomenter no partido coa elección das novas xuntas locais que, segundo recalcou, non pretenden excluir a ninguén senón afianzar, coa incorporación de xente nova en idade e na actuación política, o liderazgo do Partido Popular na provincia.

O Presidente do populares lucenses puxo como exemplo a evolución que neste contexto representa Guntín e confiou en que as gañas de traballar que puxeron de manifesto os integrantes da novo equipo directivo se traduza xa en feitos na cita electoral do vindeiro mes de marzo.

 

Carreira Ferreiro resaltou, pola súa banda, que as persoas que o acompañan na xunta local están moi comprometidas co Partido Popular. Recalcou tamén que é consciente de que hai outros moitos afiliados con idéntica disposición que poderían perfectamente ocupar un posto nesta lista polo que se mostrou aberto a poidan incorporarse a ela todos aqueles que teñan verdadeira inquietude por participar activamente na acción política.

O novo presidente dos populares de Guntín e tamén alcalde da localidade explicou que na súa executiva non se incluiu ningún dos concelleiros que o acompañan no equipo de goberno municipal porque considera que éstes, polo feito de ser membros da corporación, xa teñen obligación de traballar polo concello. Por elo, considerou máis axeitado optar por novas incorporacións para fortalezar a estructura do partido.

Así, acompañan a Carreira na executiva José Doel, Genaro Liz, Francisco López, José Luis Núñez, Jesús Pérez, Serafín Pérez, Carmen Rivas, Secundino Rodríguez, Juan Carlos Vázquez e María Magdalena García.