Partido Popular de Lugo

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN AINDA NON PUXO DATA Ó ENCONTRO CON NOVE ALCALDES DO PP PARA ABORDAR O PAGO DO CANON ENERXÉTICO

Os nove alcaldes do Partido Popular que o pasado día 24 de outubro solicitaron ó Presidente da Deputación unha entrevista para abordar o pago do canon eléctrico critican que a día de hoxe aínda non recibiran ningunha resposta.

Os rexidores de Guntín, Taboada, O Saviñao, Sober, O Páramo, Paradela, Carballedo, Pantón e Quiroga mostraron a súa sorpresa porque o encontro non teña data pese ó compromiso adquirido por Gómez Besteiro de que estaba disposto a zanxar este asunto o antes posible e que o orzamento para o ano 2008 incluiría xa o pago pedente.

Os alcaldes populares, ademais de amosar a súa preocupación por esta tardanza, pregúntanse cales son as razóns que a motivan.

Ó entender do Partido Popular o primeiro paso para solventar esta cuestión pasa por manter unha xuntanza cos máximos representantes dos municipios afectados e retrasalo o único que pon de manifesto é que o Presidente da Deputación ten moi boas palabras pero que éstas concretanse en escasos feitos.

A cooperación cos concellos, segundo lembra o Partido Popular, é unha das cuestións sobre as que Gómez Besteiro fai fincapé reiteradamente. Fixo alusión a el cando tomou posesión do cargo, indicando que sería un dos principios fundamentais que rexirían a súa xestión, e incide nel cada vez que visita algún concello ou recibe a algún alcalde. Pero a política de xestos, ó entender dos populares, acaba por converterse en papel mollado se non se ve respaldada por actos.

O Partido Popular recalcan asimismo que con esta actitude tamén incumple o que, segundo el, sería o seu segundo principio: a proximidade á cidadanía, o desexo de solventar os problemas e dificultades coas que se atopan os lucenses.