Partido Popular de Lugo

DAMASO LÓPEZ E ALFOSO BALADO MANTIVERON HOXE UNHA XUNTANZA PARA TRATAR DE PERFILAR UN PROXECTO COMÚN NO PARTIDO POPULAR DE MONFORTE

O encontro enmarcouse dentro do proceso que se está a levar a cabo nas últimas semanas no seo do Partido Popular monfortino para preparar a asamblea xeral, que está previsto celebrar o vindeiro día 15, e na que se elexirá unha nova executiva.

 

O obxectivo da xuntanza foi acadar o maior grao de consenso posible entre as diferentes sensibilidades existentes na formación política, unificar criterios e lograr a máxima representatibidade e integración de todas elas dentro dos órganos directivos locais do partido. Trátase de evitar caer en personalismos e de conquerir que todos traballen na mesma dirección.

 

O fin último non foi outro que aunar esforzos na loita común por acadar o mellor para o partido e logra que éste volte a recuperar a confianza dos monfortinos nas próximas citas electorais.  

 

Mañá pola mañá ambos teñen previsto comparecer ante os medios de comunicación para dar a coñecer as conclusións ás que chegaron na xuntanza.