Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PREVÉ MÁIS INCUMPRIMETOS DE XUNTA E DEPUTACIÓN NOS PARQUES DE BOMBEIROS

O Grupo Provincial do PP na Deputación considera que a entrevista entre o Presidente do órgano provincial e o Conselleiro de Presidencia deu pouco de si. “Ademais de frases cheas de solemnidade para ser titulares de prensa, só sacamos cifras en números redondos e máis perspectivas de futuro, pero vótanse en falla máis concrección e previsións presupostarias”, aseguran.

Para o PP, “a visita que fixo Méndez Romeu á Deputación foi de cortesía, cousa que se agradece, pero para ratificar o que xa di a Lei de Emerxencias non facía falla tanto esforzo nin tanta parafernalia”.

O PP non quere que se recorde a Lei de Emerxencias, o que quere é que se cumpla e que se cumpla con rigor. Nós esperábamos que desta reunión saíse unha temporalización rigurosa das distintas actuacións a levar a cabo, unha distribución orzamentaria previsora e factible, e unha pormenorización do procedemento que se vai seguir, pero nada de eso atopamos no contido da reunión”.

INCUMPLIMENTOS.

O voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, prevé máis incumplimentos por parte dos bigobernos da Xunta e da Deputación en relación cos parques de bombeiros na provincia, porque, segundo di, “faltan cuestións importantes por definir, como a ubicación e o ámbito de cobertura, que antes parecía estar pechada, e agora hai que concretar cos alcaldes; e a dotación que terá cada un deles, así como unha temporalización concreta de construcción, dotación, posta en marcha e réxime de funcionamento”.

Para Barcia, “estas cuestións deberían estar definidas, porque así o dixo o presidente da Deputación no seu día, pero teremos que agardar outro pouco máis; claro, para Besteiro, as cousas de palacio van despacio; atreveríame a decir que demasiado despacio…”.

DIFICULTADES ORZAMENTARIAS.

En opinión do Voceiro adxunto do Grupo Provincial popular, “a incertidume e a indefinición son fácilmente perceptibles logo da reunión de onte, dado que nos presupostos da Xunta non hai ningunha partida definida para abordar o custo que lle vai supor á Xunta a construcción dos parques de bombeiros na provincia”.

Este asunto é, ó entender de Barcia, algo que Méndez Romeu deberá aclarar, porque “anunciar obras que non teñen presuposto é algo arriscado”.

Para o PP, Xunta e Deputación minten cando din que se parte de cero. Lembra neste senso que en 2005 había fondos para poñer en marcha o parque de bombeiros de Barreiros e para construir o da Mariña Occidental, en total, aproximadamente un millón cento sesenta mil euros. Sen embargo, cambiou a Xunta, recalca Barica, e desapareceu a consignación presupostaria.

MÁIS PRAZOS.

González Barcia lembrou que a Xunta, en 2005, comprometeuse por terra, mar e aire a que en 2006 se faría o parque de bombeiros da Mariña Occidental, pero o resultado é igual a “Zero”.

Polo tanto, as previsións de construcción dos parques de bombeiros na provincia para 2008 son difícilmente creibles, como o é que o de Barreiros abra no verán do ano que vén; como moi cedo.

En opinión de Barcia, Barreiros abrirá a finais de 2008, xa que nin tan siquera se constituiu o consorcio provincial, e mentres non se peche este trámite, non se poden nin solicitar os proxectos de obra nin aprobar o prego de condicións para a adxudicación do material.