Partido Popular de Lugo

Barcia lamenta que a Xunta non teña en conta a Burela para os programas “de Cidades Dixitais” e “Avanza”.

O portavoz do Grupo Municipal Popular do Concello de Burela, José María González Barcia, lamentou hoxe que a Xunta, a través da Consellería de Innovación e Industria, que ostenta o BNG, non teña en conta a Burela para a súa inclusión nos programas de implantación da sociedade da información e das novas tecnologías denominados “Cidades Dixitais”, que se enmarca dentro do Plano “Avanza”.

Así se desprende dunha orde saída onte no Diario Oficial de Galicia, na que consta como rexeitada a solicitude do Concello de Burela; para Barcia, “o peor é que a solicitude é rexeitada por acadar unha baixa valoración, proba de que o concelleiro Legaspi non andivo mui fino neste asunto, e que o BNG de Burela tén pouco peso no goberno amigo da Xunta, por riba, falando dunha consellería do BNG”.

Para Barcia, “o peor é que no pleno do pasado xoves, a Delegada de Benestar, Nieves Cando, cansouse de decir que ía haber cartos para este asunto; pois ben, tendo en conta que ó concello de Poio lle deron a máxima contía por un prometo de “concello dixital”, Burela poido perder tranquilamente douscentos mil euros, ou sexa, unhas migallas”. Polo tanto, Barcia opina que “Nieves Cando e Legaspi deben dar explicacións, e para a próxima evitar falar antes de que as cousas saian no DOG”.

“Legaspi non lle está dando xogo ó BNG e moito menos a Burela: cero en canto a comercio, porque non houbo nin hai reunións cos comerciantes; cero en canto ó parque empresarial, e cero en canto á sociedade da información; e en todo vai con Cando de compañeira de baile; así nos vai”, afirmou Barcia.

Segundo Barcia, “nós pediremos o acceso á documentación presentada no seu día, e estudiaremos a documentación que se presentou, e de ser o caso a quen se lle encargou facer o estudio pertinente”.

Ademais, Barcia considera urxente e de obrigado cumplimento que o bigoberno burelés aclare que se vai facer agora con eses proxectos. O Partido Popular tiña feito un estudio de implantación das novas tecnologías en Burela, con cobertura inalámbrica para todo o concello incluida, que contaba cun presuposto de algo máis de douscentos mil euros.