Deputados provinciais e concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular comprometéronse a revisar o expedente para o acondicionamento e ensanchamento dos 13 quilómetros da estrada que comunica San Xoán do Alto coa parroquia de San Pedro de Mera.
O voceiro dos Populares, José Manuel Barreiro, xunto co deputado provincial José María González Barcia quedaron cos veciños afectados en que ían revisar o punto no que se atopa a obra de acondicionamento e ensanchamento desta estrada que depende da Deputación provincial.
Na reunión que se celebrou no mesón de As Searas, e na que participaron medio cento de veciños, púxose de manifesto o malestar dos usuarios desta vía “por tratarse dunha estrada con moito tránsito que se utiliza para dirixirse cara aos concellos limítrofes (parte norte Guntín e Palas e sur de Friol) e ás parroquias da zona de Meira.
Os populares advirten que hai tramos desta estrada que coinciden co itinerario do Camiño Norte de Santiago “a urxencia desta obra non só obecede á comodide dos conductores, hai que subliñar que hai un risco importante para os peregrinos que toman esta ruta, cando difícilmente pasan dous coches por esta vía”.
Os populares volverán ao Burgo para informar aos veciños afectados de cómo están os trámites deste vial aínda que “todo apunta a que a obra seguirá acumulando máis retrasos xa que hai tramos, como o da circunvalación do núcleo do Burgo, do que non hai nin tan seguera proxecto feito”.
Nesta xuntanza tamén participaron o responsable municipal da zona rural, Manuel López, e o concelleiro Enrique Rozas.
O Partido Popular vai tratar de impulsar que dita obra se realice no prazo menor posible, dada a importancia que ten a mesma para o desenvolvemento da zona.
Proxecto obra tramo entre San Xoan do Alto ata Vilamaior de Negral estrada Lu 232
ESTADO DA ESTRADA.-
– Do quilómetro 0 ao punto quilométrico 1,6 está rematada.
– Dende este punto ata o 3,3 está no xurado de expropiación de Santiago.
– Do 3,3 a 5,4 ao seu paso polo núcleo do Burgo non existe proxecto.
– Do 5,4 ao 6,3 o proxecto foi adjudicado en xuño.
– Do 6,3 ao 13 está encargado o proxecto en tres fases.