Partido Popular de Lugo

O PRESIDENTE PROVINCIAL RESPALDOU HOXE A ELECCIÓN DA NOVA EXECUTIVA LOCAL DE PP EN PANTÓN

José Luis Alvarez Blanco foi elexido hoxe presidente da xunta local do Partido Popular de Pantón durante unha asamblea celebrada na casa da cultura da localidade, que contou co respaldo, entre outros, do Presidente Provincial do partido, José Manuel Barreiro, e do Secretario Xeral, José Manuel Balseiro.

 

O novo presidente dos populares e tamén alcalde da localidade manifestou a súa intención de crear “un equipo cohesionado e o máis grande posible, e en total consonancia co equipo de goberno”.

 

O seu principal obxectivo será, según indicou, “achegarnos ós afiliados e acadar, como mínimo, incrementar o seu número ata os 250 ou 300”.

 

Alvarez Blanco indicou que “agora empezamos a andar”, en alusión ó feito de que dende o fallecemento do seu antecesor no cargo, Melchor González Rodríguez, no se levara a cabo a elección dunha nova executiva local. Neste senso indicou que se conformara unha directiva provisional ante a imposibilidade de incorporar a novos afiliados, aínda que agarda que éstes poidan sumarse pronto ó seu proxecto de futuro e darlle un novo impulso á formación.  

 

Neste contexto dun “PP renovado”, José Luis Alvarez comprometeuse a traballar duro polo partido pero sobre todo por Pantón.

 

O Presidente provincial, José Manuel Barreiro, tivo verbas de apoio para a nova executiva e conminou ós presentes a facer un esforzo extra durante os vindeiros meses para acadar uns bos resultados nas elección nacionais do mes de marzo.

 

Acompañan a José Luis Blanco na executiva, ademais do tenente alcalde Juan Asensio Pedrido Rodríguez e os concelleiros José Manuel Ledo López e Manuel López Rodríguez, David de la Fuente Rodríguez, Javier Fernández González, Marta Lepiani Igual, José López Martínez, Rubén Moure Moure, Antonio Sánchez Somoza e José Manuel Vilariño Rodríguez.