O Grupo Municipal do Partido Popular de Cervantes considera un despropósito que o Goberno Municipal non sexa capaz de dar explicacións sobre cómo se atopan obras ou proxectos concretos e, o que é peor, de presentar algunha iniciativa de interese para o municipio.
O Voceiro popular, José López Fernández, no transcurso do pleno celebrado onte, demandou ó equipo de goberno información sobre o uso que dende o Concello pretende darse ó edificio que albergaba o centro médico, pero non recibiu ningunha resposta concreta. Algo que para López Fernández non é de recibo xa que se está a desaproveitar un espacio público que perfectamente podería adicarse, por exemplo, a centro de día.
O Goberno local tampouco deu un plazo concreto para executar a sentenza que o obriga a actuar sobre o camiño público de Mosteiro e que os veciños están demandando que se abra. O equipo de goberno limitouse a dicir que o técnico municipal xa fora a ver o vial pero sin dar plazos de execución.
Nada se sabe ademais sobre cándo está previsto levar a cabo a reparación dos desvíos ás localidades de Moreira de Donís e Villaluz. López Fernández critica que a explicación dos responsables municipais se reducirá a dicir que o de Moreira acometeríase “antes de fin de ano” e que o de Villaluz “non tocaba”, cando o deterioro de ambos viais é evidente e a reclamación dos veciños afectados, xunta.
No tocante ó proxecto de dotar de servicio de traída de augas a Couso, Sabadelle e Tarnas ou a mellora de Villaluz, o voceiro do Grupo popular ten tamén motivo de crítica.
O proxecto, que contan con preto de 362.000 euros de orzamento de Augas de Galicia, prevía que a captación de auga se fixera dende unha fonte que, neste intre, está seca. Así que, cando solicitou ó equipo de goberno información sobre este asunto, interesándose, dada a situación, por si se buscara alguna alternativa para o abastecemento, sorprendentemente comprobou que o equipo de goberno non tiña nin idea de cómo se ía solucionar o problema.
Para o voceiro de Grupo Municipal Popular, o descoñecemento ou a falta de iniciativa do equipo de goberno por solucionar os problemas e demandas que plantexan os veciños pon de manifesto o desinterese por buscar solucións e aportar mellores servicios para o municipio. É, en definitiva, segundo a opinión de José López, faltarlle ó respeto a todos e cada un dos habitantes de Cervantes.