Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR SEGUIRÁ BUSCANDO MÁIS CONSENSO NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Lugo, a 28 de novembro de 2007.- O Grupo Provincial do Partido Popular considera de enorme trascendencia o pleno celebrado onte na Deputación, xa que, gracias ás posturas e iniciativas adoptadas polo PP, chegouse a acordos importantes e, o que é máis importante, logrouse o consenso de todos os grupos.

 

Grupo Provincial Popular

Grupo Provincial Popular

O Grupo Provincial do PP está disposto a continuar a liña marcada onte para acadar as máis altas cotas de beneficio para o conxunto dos cidadáns da provincia e de seguir levando a iniciativa para poñer enriba da mesa propostas de relevancia para o interese xeral.

A vontade dos populares de consensuar posturas púxose de manifesto na proposta realizada polo seu Voceiro, José Manuel Barreiro, de facer un receso co resto dos portavoces en aras de chegar a un punto de encontro nun asunto de tanta trascendencia para o desenvolvemento socioeconómico da provincia como é conquerir que Lugo teña un porto comercial.

Salón de sesións

Salón de sesións

 

O PP considera de suma importancia o consenso acadado para solicitar a apertura ó tráfico comercial do dique norte de Alcoa e que na busca dese consenso quedara demostrado que o PP está disposto a negociar, antepoñendo o interese xeral a posturas partidistas e maximalistas.

O Grupo Provincial popular estará, en definitiva, sempre aberto á consecución de acordos cos grupos que sustentan o bigoberno ou con calquera deles por separado, sempre e cando se traballe e se busque o beneficio xeral da provincia, pero sen esquecer o seu labor de oposición como xa puxo de manifesto coa denuncia da paralización da execución de obras por parte da Deputación.