A parlamentaria popular Carmen Janet Salgado Núñez defenderá o vindeiro xoves na Comisión VII a proposta plantexada polo Grupo Parlamentario Popular de que a Xunta de Galicia restableza os servicios que viña prestando a Oficina Agraria ubicada no concello de O Incio.
A Pregunta Oral en Comisión suscrita por Salgado Núñez xunto cos tamén deputados populares Isabel García, Agustín Baamonde e Roberto Castro, arguméntase no grave perxuizo causado ós labregos e gandeiros non só do municipio de O Incio, tamén dos concellos limítrofes de Samos ou A Pobra do Brollón, dende que a mencionada oficina agraria deixou de prestar servizo o pasado mes de setembro pola xubilación da persona encargada de atendela.
Carmen Janet Salgado salienta que o feito de que en febreiro de 2003 se dotara á oficina agraria de O Incio de conexión á rede da Xunta e do equipo informático preciso para que os labregos e gandeiros da zona poideran formalizar os trámites administrativos que ata entón debían realizar en Sarria, supuxo unha mellora sustancial ó evitar desprazamentos e incluso esperas dos usuarios.
Una mellora que se viu interrumpida en setembro de este ano cando a mencionada oficina agraria pechou as súas portas como consecuencia de que a Consellería decidira non cubrir a praza que quedara vacante tras a xubilación do funcionario asignado a este servicio.
Ó entender de Salgado Núñez, o deber da Administración é estar o máis próxima posible ós cidadanos e máis ainda ós sectores productivos. Considera, por tanto, que, dado que os perxudicados forman parte dun sector, xa de por si moi maltratado como é o primario, integrado, ademáis, por persoas de idade avanzada e nun concello cunha peculiar orografía, a Xunta debería adicarlle un trato especial.
A decisión adoptada, engade a parlamentaria popular, pon de manifesto, unha vez máis, que o tan aludido plan de reequilibrio é só papel mollado. As zonas máis deprimidas pola súa situación xeográfica e/ou económica seguen a ser as grandes olvidadas e, neste caso, perxudicadas pola supresión dun servicio básico.