Partido Popular de Lugo

O ACCESO Á VIVENDA CENTRARÁ O PRIMERO ENCONTRO DO FORO DE OPINIÓN PROMOVIDO POLO PARTIDO POPULAR

As Novas Xeracións do Partido Popular organizarán o vindeiro sábado o primeiro encontro do foro de opinión que se plantexa baixo o título “A vivenda: ¿misión imposible? Os cambios hacia a túa independencia”.

 

Diego Calvo Pouso, Diputado autonómico do PP, voceiro de Vivenda no Parlamento de Galicia, Vicesecretario Xeral do PPdeG e ex Presidente de Novas Xeracións en Galicia, será o ponente deste encontro que se desenvolverá a partir das doce da mañá na sala de xuntas da Facultade de Administración de Empresas do Campus de Lugo.

 

Esta iniciativa xurdiu a raiz da reunión mantida polo Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, xunto con outros cargos do partido a nivel provincial e municipal como o Voceiro Municipal, Joaquín García, o pasado día 10 con xóvenes de Novas Xeracións.

 

Daquela consideraron axeitado poñer en marcha un foro mensual de debate, aberto a todos os xóvenes interesados en participar, independentemente da cal sexa a súa ideoloxía, para que os máis novos poidan aportar a súa personal visión da vida e, sobre todo, as súas inquedanzas.

 

Neste senso José Manuel Barreiro mostrouse aberto a tomar en consideración as reflexións e propostas que resulten destes encontros para, dende o Partido Popular, incorporar iniciativas tendentes a aportar solucións a esteS problemas na súa actividade política. O fin último non é outro que potenciar a implicación e participación política dos máis novos, xa que deste xeito poderán aportar solucións ós problemas ós que se enfrentan.

 

Algúns dos problemas que xa se puxeron de manifesto naquel encontro foron o acceso á vivenda como un dos principais atrancos cos que se atopan a xente moza, razón pola que se elexiu este tema para a apertura deste foro que terá periodicidade mensual.

 

Outros dos asuntos que se abordarán nos vindeiros meses serán a búsqueda de alternativas de ocio ou o acceso a un posto de traballo digno, por poñer só dous exemplos.