Partido Popular de Lugo

Os populares de Foz elexiron hoxe, co respaldo dos responsables provinciais, o comité local que lidera Angel Cao Pérez

O novo presidente dos populares de Foz, Angel Cao Pérez, mostrouse esperanzando en que “coas ganas de traballar que ten a nova executiva poidamos recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccions municipais”.

 

Recoñeceu que o feito de que o PP leve dúas lexislaturas na oposición desganou algo ós militantes e simpatizantes pero agarda poder darlle un novo pulo ó partido, recuperar a ilusión de todos e, sobre todo, incrementar o número de afiliados.

 

Cao mostrouse disposto a colaborar co partido a nivel provincial e autonómico para que o PP volte a gobernar na Xunta e, a máis corto plazo, en de España, para o que se compromenteu a traballar a reo.

 

Sobre o resto de integrantes da súa executiva, Angel Cao salientou que forman parte dela os catro concelleiros do grupo municipal porque “todos”, segundo dixo, “temos que traballar xuntos. Os grupos de traballo que imos formar dentro do comité local teñen que facer propostas das que despois os concelleiros seremos voceiros”. Destacou tamén que na executiva hai xente nova e veterana para combinar ó ímpetu coa experiencia.

 

Na asamblea participaron, entre outros, o Presidente Provincial do Partido, José Manuel Barreiro, e o Secretario Xeral, José Manuel Balseiro. Barreiro alentou á nova xunta local e mostrouse confiado en que os obxectivos que teñen intención de levar a cabo convertiranse pronto en feitos. “Non dubido da vosa ilusión e capacidade de traballo”, dixo, ó tempo que lles pediu un “esforzo extra” de cara ás eleccións do vindeiro mes de marzo. 

 

Acompañan a Cao na nova executiva Eliseo Fernández, Lidia Rodríguez, Rosa Varela, José Blanco, Luisa Prieto, Juana Fernández, Pedro José Fernández, José Rodríguez, Ramón Martínez, José Luis Sánchez, José Saa, María Dolores Fernández, Ramón Fernández, Almudena Pedrosa, Antonio Javier García, Jesús Andina, Carlos Paleo, Normando Leivas, Pablo Fernández e Francisco Díaz.