A Violencia de Xénero é un problema de todos e cada un dos galegos e galegas. Todos debemos tomar plena conciencia diste drama. Cada vez que unha muller é maltratada ou é asasinada, fracasa toda a sociedade. Debemos ser contundentes na loita contra a violencia de xénero, xa que é unha vulneración inadmisible dos dereitos fundamentais da muller.
Xuntanza contra a violencia de xénero |
Dentro do ámbito autonómico, contamos a nivel normativo ca Lei galega para a igualdade de mulleres e homes na Comunidade Autónoma de Galicia 7/2004, así como a Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral contra a Violencia de Xénero de recente aprobación.
A Xunta de Galicia, de acordo co Tribunal Superior de Xustiza e cumprindo unha instrución do Consello Xeral do Poder Xudicial, acordou que, en todos os partidos xudiciais onde houbera más dun xulgado, un deles se encargase dos asuntos de violencia contra a muller, co obxectivo, de conseguir a máxima axilidade destes procedementos e a máxima cota de especialización tanto dos xuíces como de todos os funcionarios destas unidades xudiciais.
O elevado número de procedementos e a necesidade de compatibilizar coa tramitación ordinaria que ata de agora teñen, fai que hoxe soporten unha carga de traballo que impide o funcionamento que todos desexaríamos que se producira, nun ámbito como o da violencia contra a muller.
Actualmente existen dous xulgados específicos na nosa Comunidade Autónoma, un en Vigo e outro na Coruña dos 83 que existen en todo o Estado. Nos últimos meses puxéronse en funcionamento, en distintas capitais do Estado xulgados exclusivos de Violencia de Xénero sen que en Galicia se mellorara esta situación, producíndose unha discriminación hacia nosa Comunidade.
Os xulgados galegos recibiron no primeiro semestre do ano unha media de 13 denuncias por malos tratos o día, un total de 2.376 asuntos, cun incremento do 13% do segundo trimestre respecto o primeiro, segundo as estatísticas do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consejo General del Poder Judicial, o 87% de las denuncias foron presentadas polas propias vítimas, mentres que o 13% restante son casos nos que as demandas de maltrato chegan a través da policía, dos partes de lesións que chegan dos hospitais ou do entorno da vítima que tan só representa un 1,5% do total das denuncias en Galicia.
Segundo datos do Instituto de la Mujer a 30 de setembro diste ano no que respecta a Lugo, están vixentes un total de 269 ordes de protección.
As unidades xudiciais especializadas na Violencia de Xénero permite dar unha resposta eficaz e de calidade, ademais de evitar a descoordinación entre asuntos penais e civís, e entre as propias administracións, non resolven a “terrible lacra social da violencia contra as mulleres” pero constitúe un importante paso ante un problema que require do compromiso de todos.
Por todo isto o Partido Popular de Galicia manifesta o seu compromiso firme na loita contra a Violencia de Xénero e esixe dos poderes públicos:
– A dotación de un xulgado específico para o Partido Xudicial de Lugo.
– Un Plan Integral de Sensibilización, Prevención e Tratamento da Violencia de Xénero con especial incidencia no ámbito rural.
– Estimular a Coordinación e apoio entre as distintas institucións, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concellos.
– Creación de centros de acollida e pisos ponte para as vítimas de violencia de xénero e das persoas o seu cargo nos municipios e comarcas como resposta inmediata ante situacións de agresión.