Partido Popular de Lugo

JOSE MANUEL BARREIRO VIAXARÁ MAÑÁ A MADRID PARA PARTICIPAR NA CONFERENCIA POLÍTICA DO PARTIDO POPULAR

José Manuel Barreiro encabezará unha ampla delegación de representantes do PP lucense, entre os que estará o voceiro municipal Joaquín García Díez, así como outro medio cento de cargos do partido. A conferencia, estructurada en once ponencias baixo dúas grandes áreas: os valores do pacto constitucional e unha economía máis social, servirá para poñer as bases dun proxecto capaz de resolver os problemas xerados por José Luis Rodríguez Zapatero nesta lexislatura.

 

O obxectivo principal é, en definitiva, elaborar  un documento coas liñas xerais do programa electoral en política económica ou social, así como en outras cuestións claves relacionadas co modelo territorial ou a loita contra o terrorismo.