A apertura do encontro, que se celebrará no Hotel Gran Marina de Barcelona, correrá a cargo do Secretario Xeral do Partido Popular, Ángel Acebes; o coordinador del programa electoral, Juan Costa; e o presidente do PP de Cataluña, Daniel Sirera.
Así, durante a xornada de hoxe e mañá, presentaranse un total de 19 ponencias repartidas en seis grandes bloques, referidos a “Un goberno áxil e eficaz”, “Mellor seguridade e maior convivencia”, “Os novos retos do benestar”, “Economía crecente e empleo para todos” e “A axenda global”.
José Manuel Barreiro participará, en concreto, nunha das tres ponencias incluidas precisamente no primeiro destes bloques, o referido a “Un goberno áxil e eficaz”, que leva por título “As nosas comunidades autónomas e cidades, a gran ventaxa de España ante os desafíos do século XXI” na que intervirá como ponente o Presidente do PP galego Alberto Núñez Feijoo, xunto con María Dolores de Cospedal, Juan Manuel Moreno e Alberto Ruiz Gallardón.