Partido Popular de Lugo

BARREIRO RESPALDOU HOXE EN XOVE E O VICEDO A ELECCIÓN DOS NOVOS COMITÉS EXECUTIVOS LOCAIS DO PATIDO POPULAR

O Partido Popular renovou hoxe, coa presenza do Presidente provincial José Manuel Barreiro, os comités executivos locais de Xove e O Vicedo, continuando o proceso iniciado o pasado día 19 e que ten como obxectivo, según indicara o propio dirixente provincial, que antes de que remate o presente ano estén renovadas a metade das asambleas locais existentes na provincia.

                Deste xeito, son xa cinco os concellos da Mariña nos que o PP levou a cabo este trámite. Así, ás renovadas directivas de A Pontenova, Ourol e Barreiros, sumáronse hoxe as de Xove e O Vicedo.

                  Ata o de agora tanto en Xove como en O Vicedo as agrupacións do PP estaban dirixidas por unha xunta xestora encabezada polos agora presidentes electos, Demetrio Salgueiro e José Jesús Novo respectivamente, que dende as pasadas eleccións municipais tamén ostentan a Alcaldía nos seus respectivos concellos.

 

                  José Manuel Barreiro mostrouse moi satisfeito pola elección destas novas executivas e manifestou a súa convicción de que con estes renovados equipos, dos que salientou a súa “capacidade de traballo e ilusión”, o Partido Popular “incrementará a afiliación e alcanzará uns excelentes resultados electorais nas vindeiras eleccións xerais”.

 

Comité local de Xove.-

 

                  José Demetrio Salgueiro Rapa encabeza a única candidatura que concurriu na asamblea para elexir a nova xunta local do Partido Popular en Xove.

 

                  Un dos obxectivos que se marca como prioritarios nestas nova andaira é, según indicou, “consolidar o Partido Popular no goberno municipal e recuperar así a hexemonía e a cota de representatividade que se merece e nunca debeu perder”. Salgueiro Rapa, aínda que recoñeceu que os populares de Xove pasaron por un momento difícil, mostrouse convencido de que a situación vai cambiar. Algo do que o Presidente Provincial non dubida, convencido da “capacidade de traballo e liderazgo” do novo presidente da xunta local e do resto de membros da executiva.

 

                  Incrementar o número de afiliados e contar, “o antes que sexa posible”, cunha sede, “que sirva de referencia e de punto de encontro para a nosa militancia”, son outros dos obxectivos que se marcaron os populares de Xove.

 

                  Acompañan a Salgueiro Rapa neste comité José Manuel González Alvarez, concelleiro e tenente alcalde no goberno municipal, Nilo Abad Martínez, José Mario Cociña, Manuel Ángel Meitín, Vanesa Miguez, Rodrigo Salgueiro, Andrés Prieto, Jesús Rodríguez, José Angel García e Indalecio Ramos. 

 

 

Comité local de O Viñedo.-

 

                  Moi ilusionado tamén se mostrou José Jesús Novo Martínez tras ser elexido como presidente da nova executiva dos populares en O Vicedo. O seu entender, “o PP de O Vicedo merece un comité local” e, según recalcou, “resulta imprescindible para o bon funcionamento do partido porque é este órgano o que debe designar ó candidato do noso partido nas municipais, así coma ó resto dos integrantes da lista”.

 

         Incrementar o número de afiliados e conseguir un local para albergar a sede do PP son tamén outros dos obxectivos do novo comité executivo do que forman parte dúas concelleiras do grupo municipal popular, María Pilar Otero e Faustina Solloso. Ademais delas, acompañan a Novo Martínez na directiva Francisco Javier García, Vicente Riveira, Luis Fernández, Atilio Díaz, José Carreja, Carmen Vizoso, Juan José Ruiz-Jiménez e José Trasancos.