Partido Popular de Lugo

Os populares de Pol elexiron hoxe, co respaldo dos responsables provinciais, o comité local que lidera José Luis Fugarolas

Pol, 29 de outubro de 2007.- José Luis Fugarolas Villamarín encabeza o novo comité local do Partido Popular de Pol que foi elixido hoxe en asamblea xeral co respaldo dos responsables do partido a nivel provincial.

José Luis Fugarolas recoñece que, tras perder as elecciones municipais, o partido atópase nunha situación “difícil”, pero considera que ésta é unha boa oportunidade para desenvolver “un tránsito que nos permita afrontar unha nova etapa e levar a cabo unha renovación no seo do PP, que nos leve a afianzarnos como unha alternativa de futuro”.

Neste senso explicou que un dos obxectivos do novo comité local será ampliar o número de afiliados. “Temos unha base sólida na que prácticamente están representados todos os sectores pero precisamos novas incorporacións para que non se perda a forza que tivo e ten o PP”, asegurou.

Fugarolas aproveitou a ocasión para defender o traballo feito polos populares en Pol durante a súa etapa o fronte do consistorio, recalcando que lograron a meirande parte dos obxectivos que se impuxeran na súa etapa de goberno; ó tempo que salientou que “vemos con preocupación” que os proxectos que estaban pendentes de executar están agora “anulados ou paralizados” polo Goberno da Xunta. Salientou neste senso que en dous anos de goberno do bipartito na Xunta perdéronse inversións de gran relevancia no tocante ó polígono industrial, as estradas e a auga.

José Luis Fugarolas afondou nesta cuestión indicando que Pol, pese a ser un concello de interior, non figura no Plan de reequilibrio da Xunta e só se está a facer unha obra que xa estaba comprometida na etapa do PP. “Se esta situación non se soluciona”, recalcou Fugarolas, “chegarase a conclusión de que o cambio de goberno na Xunta é nefasto para Pol”.

O novo responsable da executiva local do PP en Pol tampouco disimulou a súa “inquedanza ante a incertidume” que provoca o actual goberno local, no que o PSOE goberna en minoría e os enfrentamentos co BNG son constantes, nun claro exemplo de “matrimonio malavenido no que priman máis os intereses particulares de partido que o interese xeral”.

Pese a elo, e tras salientar que “nós seguemos a ser a forza máis votada en Pol”, comprometeuse a desenvolver unha “oposición constructiva que apoiará os temas importantes para o municipio”. Advertiu, eso sí, que “seremos unha oposición moi esixente e estricta, antepoñendo sempre e ante todo o interese xeral do concello”.

Acompañan a Fugarolas Villamaría na nova executiva Delio Rodríguez, María Concepción Abraira, María Remedios Castedo, Inés Fernández, José María Agustín, Esteban Basanta, José Ramón Ferreiros, Arsenio Losada, José Manuel Cedrón e María Angeles Lenza.