Partido Popular de Lugo

O PPdeG FELICÍTASE DE QUE A XUNTA RECTIFIQUE E HABILITE UN CRÉDITO ADICIONAL PARA O SALARIO DA LIBERDADE

Santiago, 18 de outubro de 2007.- Susana López Abella, voceira de Igualdade do Grupo Popular e vicesecretaria xeral do PPdeG, felicitouse hoxe pola decisión do Consello da Xunta de ampliar o presuposto destinado á prestación denominada “salario da Liberdade”, dirixida ás mulleres vítimas de violencia doméstica que carecen de recursos.

 

López Abella felicita ao bipartito por ter rectificado a súa actitude, como demandou o PPdeG a semana pasada ao denunciar que a Xunta levaba 9 meses sen tramitar prestacións do “salario da liberdade” por ter esgotado os recursos destinados a esta finalidade. De feito, ese parón chegou a provocar situacións dramáticas, como a dunha muller que estaba a piques de ser desauciada por impagamento do alugueiro do piso no que residía coas súas fillas.

 

“Ogallá tiveramos máis ocasións para felicitar á Xunta coma hoxe, porque rectificar e corrixir os erros é de sabios. Lástima que esta actitude non se repita con máis frecuencia”, exclama a deputada popular.