Partido Popular de Lugo

O PPDEGALICIA DENUNCIA QUE A “TOLERANCIA CERO” DE TOURIÑO FRONTE AS DESFEITAS URBANÍSTICAS NON SE CUMPRE EN VIVEIRO

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2007.-O deputado do Grupo Popular  José Manuel Balseiro denunciou hoxe no pleno do Parlamento que o que está a acontecer en Viveiro é unha proba elocuente de que tanto o Presidente da Xunta como a Conselleira de Política Territorial faltaron a verdade cando manifestaron que a Xunta de Galicia “gañaría a batalla ao caos urbanístico municipal” nun caso e que “traballarían  para impedir a cultura do todo vale en materia urbanística” en outros.

 

A situación que se está a vivir no Concello de Viveiro , con graves irregularidades urbanísticas xa que se constrúe “sen control” e se permitiron a construción de máis de 700 vivendas por  silencio administrativo e en contra de informes técnicos, xurídicos e sectoriais, é “unha fragrante ilegalidade  consentida pola Xunta de Galicia  que é a que ten que por en marcha os mecanismos de inspección competentes”.

 

SEN CONTROL DA XUNTA ANTE  UN ALCALDE SOCIALISTA “AMIGO”

 

José Manuel Balseiro indicou que a inexistencia dun Plan de Ordenación Municipal permite ao grupo de goberno a construción de vivendas concedidas por silencio administrativo “sen ningún control e en contra dos intereses das veciñas e veciños de Viveiro, que apostan por un urbanismo sostible e equilibrado”. Esta fórmula do silencio administrativo xa foi criticada polo mesmo Director xeral de Urbanismo  dicindo que “no é a mellor práctica e constitúe unha falla da administración municipal, que está obrigada a resolver en tempo e forma”.

 

“Ante os desatinos urbanísticos do alcalde socialista de Viveiro o control da Xunta de Galicia perde toda a súa rigurosidade e se acovardan ante un alcalde socialista amigo ao que non queren contrariar” indicou o deputado popular.

 

Ante esta situación membros da Corporación municipal de Viveiro remitiron un extenso dossier, en xaneiro do 2007,  ao Director xeral no que se puxeron de manifesto importantes anomalías  en sete  construcións que contaban con informes desfavorables dos técnicos municipais e de informes xurídicos que falaban dunha “fragrante ilegalidade”. A esto se lle sumaban moitas outras irregularidades como fora o outorgamento de varias licencias sobre as que pesaba unha resolución contraria respecto da súa autorización, emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio cultural.

 

Posteriormente, indicou Balseiro na súa intervención, se remitiu outra misiva ao Director Xeral para comunicarlle os múltiples obstáculos que o Concello de Viveiro puxo a consulta dos expedientes urbanísticos.

 

No mes de febreiro remitiuse a Conselleira unha relación de once casos de licencias con múltiples irregularidades,  actuando a Consellería tan só en dous casos, paralizando a construción de cinco chales na localidade de Area, por entender que estaban en solo rústico. “Obras que, por certo, indicou Balseiro, continuaron erguéndose, ante a pasividade da Xunta e tras ter recibida a orde de paralización”.

 

Finalmente, indicou o deputado popular, en abril do 2007 se remite unha nova denuncia na que se describen trece novas licencias outorgadas por silencio administrativo en clara contradición cos informes técnicos, xurídicos e sectoriais, e nestas tan só se actuou respecto a catro.

 

OS SOCIALISTAS DE VIVEIRO TEÑEN PATENTE DE CORSO

 

Balseiro indicou que dun total de 24 licencias postas en cuestión tan so sete recibiron algún tipo de contestación, tardía en todo caso. O deputado popular acusou a Xunta de non facer nada para repoñer a legalidade no concello de Viveiro “xa que non debe resultar cómodo que un dos concellos con máis desordes urbanísticos estea en mans dun socialista e parecera que estes malos gobernantes de Viveiro teñen patente de corso”.

 

Indicou que esta situación produce que estean a interpretar a normativa urbanística “a súa conveniencia, sempre en detrimento dun desenvolvemento  ordenado e sustentable, e sempre en contradición cos intereses dos veciños de Viveiro”  

 

Para Balseiro  está máis que probado que desde a  Consellería se coñece esta  situación e a están a amparar co que demostran que “co goberno bipartito, en materia de urbanismo en Galicia, vale calquera cousa”.