Partido Popular de Lugo

O PPdeG EXPRESA A SÚA CONDOLENCIA Á FAMILIA DO TRABALLADOR FALECIDO NAS OBRAS DO AVE E DESEXA UNHA PRONTA RECUPERACIÓN AO FERIDO

Santiago, 21 de setembro de 2007.- O PPdeG quere expresar a súa condolencia á familia do traballador falecido esta mañá nun accidente laboral rexistrado nas obras do AVE, no concello coruñés de Cerceda, ao tempo que desexa unha pronta e completa recuperación ao operario que resultou lesionado no mesmo suceso.

 

Susana López Abella, voceira de Traballo do Grupo Popular, agarda que a investigación aberta despois do suceso aclare as causas da traxedia e fai un chamamento a empresas, administración e traballadores para extremar as medidas de seguridade e hixiene no traballo e tratar de frear o crecente número de accidentes laborais que se están a rexistrar en Galicia en todas as ramas de actividade.

 

Neste contexto, o PPdeG lamenta que o conselleiro de Traballo da Xunta, Ricardo Varela, continúe negándose a comparecer no Parlamento para explicar a actuación da inspección laboral que ten baixo a súa responsabilidade.