Partido Popular de Lugo

RICARDO VARELA VOLVE DAR MOSTRAS DO SEU CINISMO AO NEGARSE A COMPARECER NO PARLAMENTO O MESMO DÍA QUE AFIRMA O CONTRARIO

Santiago, 18 de setembro de 2007.- O conselleiro de Traballo da Xunta, Ricardo Varela, superouse hoxe a si mesmo ao dar mostras dun cinismo sen límites por afirmar en Lugo que  está disposto a comparecer no Parlamento cantas veces sexa necesario pese a que, á mesma hora, en Santiago, PSOE e BNG rexeitaban, na Xunta de Portavoces da Cámara, unha solicitude de comparecencia formulada polo PPdeG para que dera conta da actuación dese departamento en relación co recente accidente laboral rexistrado nun viaduto das obras da liña de alta velocidade ferroviaria entre Santiago e Ourense, á altura de Carballiño.

 

A xuízo de Susana López Abella, voceira de Traballo do Grupo Popular, con esas declaracións, Ricardo Varela deu novas mostras da bipolaridade política que practican os integrantes do Goberno bipartito, seguindo o exemplo do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que ten dado sobradas mostras da súa capacidade para dicir unha cousa, e a súa contraria, en menos de 24 horas, e sen inmutarse.

 

López Abella apela á responsabilidade de Ricardo Varela para que exerza as competencias en materia de seguridade e saúde no traballo que ten encomendadas a Consellería de Trabalo para que, de unha vez por todas, adopte algunha iniciativa coa que tratar de poñer freo ao crecente número de accidentes laborais.