Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR SOLICITA UN CONTROL ESTRITO NA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS QUE XA AFECTAN EN GALICIA A MAIS DUN TERZO DOS TRABALLADORES

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2007.- A voceira de Traballo do Grupo Popular, Susana López Abella, defendeu hoxe no pleno do Parlamento unha Proposición non de Lei na que demanda á Xunta de Galicia un estrito control sobre o correcto emprego das fórmulas de contratación temporal para evitar que este problema se incremente en Galicia e contribúa a aumentar o índice de precariedade que supón xa máis do dobre da media dos países da UE.

 

Esto se produce dado que a alta taxa temporalidade en Galicia se reflexa en que  mais dun terzo dos empregados teñen este tipo de relación laboral mentres que no resto dos países da UE tan so un 13,8% de cada 100 contratos son temporais. López Abella recordou que esta elevada taxa de temporalidade ten como consecuencia os baixos salarios en Galicia xa que segundo o INE o salario bruto mensual dun galego está en 1.322,5 euros, un 14,8% por debaixo da media de España (1.553 euros).

 

Así mesmo, engadiu que esta situación contribúe a perda de poder adquisitivo dos traballadores galegos xa que, segundo un informe do IESE (escola de dirección de empresas da Universidade de Navarra) o salario medio de Galicia é actualmente máis baixo que en 1997, descontando o efecto da inflación, e os galegos cobran agora un 1 % menos que fai dez anos.

 

AOS GALEGOS CÚSTALLES MAIS CHEGAR A FIN DE MES
Para Susana López Abella o Executivo bipartito se dedica a alimentar a súa autocompracencia con investimentos millonarios en publicidade institucional “pero non se preocupa dos problemas reais de Galicia, dos problemas reais das familias”.
 

Indicou que cada familia galega paga 341 euros  máis en impostos en 2007, na maioría en impostos indirectos, o custe da hipoteca media en Galicia medrou por riba do 26%, unha familia galega ten que gastar 120 euros máis ao mes para manter o mesmo nivel de consumo e dúas de cada tres familias galegas non poden aforrar.
 

Así mesmo a voceira popular indicou que o crecemento interanual da poboación activa en Galicia foi do 1,4% fronte ao 3,3% no conxunto do Estado e resaltou que os partidos que apoian o goberno da Xunta non critiquen agora a marcha de miles de traballadores galegos a outras comunidades.
 

PLAN DE EMPREGO DO ALCALDE DE VIGO
López Abella indicou  que parece que ao goberno da Xunta “lles chega co plan de emprego do alcalde de Vigo que favorece ao parecer a familiares de cargos do PSOE” ao non liderar propostas de cambios lexislativos e laborais nin fomentar medidas para paliar este problema.

Así  criticou na súa intervención a inacción da Xunta de Galicia fronte a esta situación xa que o nivel de execución orzamentaria de programas como a mellora e fomento da empregabilidade non chegaba en abril o 3,7% ou o programa de integración laboral de colectivos desfavorecidos e a mellora da cualificación no emprego teñen o 0% de  nivel de execución.

ADECUACIÓN NA FORMACIÓN

Na iniciativa defendida hoxe no pleno do Parlamento, a voceira de Traballo instou a Xunta de Galicia a fomentar medidas compensatorias propias para evitar que estes problemas se incrementen en Galicia, así pediu  que se melloren os procedementos de inscrición e clasificación dos demandantes de emprego e a adecuación da formación ás necesidades do mercado de traballo.

López Abella tamén considerou indispensable a mellora nos sistemas de orientación laboral, potenciando os sectores emerxentes, e unha mellor distribución das oficinas de emprego buscando un maior achegamento aos usuarios. Así mesmo pediu na súa iniciativa incrementar as oficinas de emprego atendendo a criterios de necesidades territoriais para acadar a súa accesibilidade total .

 

Para a deputada popular as medidas solicitadas terían a función de compensar para evitar que o problema da temporalidade seguira incrementándose en Galicia e recordou que cos gobernos do PP se lideraron propostas de cambio lexislativo e laboral xerais para reducir estes baremos ante o Goberno central.