Santiago, 5 de xuño de 2007.- O voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, presentou hoxe en rolda de prensa unha proposición non de lei dirixida a emprender accións efectivas para paliar a situación actual de falta de profesionais no sector pesqueiro e de adecuar a súa formación a realidade para que non continúen a sufrir as situacións de competencia desleal que teñen na actualidade.
Na iniciativa, José Manuel Balseiro solicita que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel comunitario, para que a diversidade na atribución de competencias entre os distintos postos do escalafón nos países da UE non constitúan unha competencia desleal da que saian prexudicados os barcos españois. Isto se produce xa que en outros países as flotas teñen esixencias menores para vender nos mesmos mercados.
Así mesmo, na iniciativa insta a que se proceda á revisión a normativa vixente sobre tripulacións mínimas, á que fai referencia a Orde Ministerial de 1964, para que reflicta a actual situación tecnolóxica da flota e se adecúe co actual sistema de formación profesional dos tripulantes.
DEMANDAS DAS ORGANIZACIÓNS PESQUEIRAS
Na proposición non de lei presentada polos populares no Parlamento se insta a Xunta de Galicia a que apoie expresamente diante das institucións competentes estas reivindicacións demandadas polas organizacións pesqueiras máis representativas de Galicia e que intentan paliar a situación actual de falta de profesionais e adecuar a súa formación a realidade actual.
Balseiro indicou que unha das cuestións de maior preocupación no sector galego é que cada vez resulta máis complicado completar as tripulacións mínimas dos buques necesarias para poder saír a faenar. Esta situación se produce porque o número de titulados náutico pesqueiros, que procede das escolas, e que recalan no sector da pesca, é claramente insuficiente para facer fronte as crecentes necesidades do sector.
Por elo, demanda que se realice unha avaliación do actual sistema de formación de mandos para buques de pesca coa finalidade de lograr unha maior adaptación á realidade presente.
PROMOCION PROFESIONAL MARIÑEIROS
O voceiro de Pesca solicita tamén na súa iniciativa que se realice un estudo que valore a viabilidade de recuperar a posibilidade de que un mariñeiro poda facer carreira profesional a bordo do buque. Isto se produce dada a actual imposibilidade da promoción profesional na actual normativa española e que xenera unhas carencias importantes nas tripulacións, afectando tanto a flota de baixura como a de gran altura.
Esta promoción da carreira profesional a bordo se produciría a través da valoración da súa experiencia e establecendo unha serie de controis e probas para que puideran subir no escalafón ata chegar a mandar un barco ou a súa máquina.
A homologación dos titulados náutico pesqueiros a nivel comunitario e, ao mesmo tempo, homologable dentro da organización Marítima Internacional, é outro dos puntos na iniciativa presentada polo voceiro de Pesca