Partido Popular de Lugo

COMISIÓN NON PERMANENTE PARA O ESTUDO DA SITUACIÓN DA MOCIDADE EN GALICIA

Santiago, 26 de xuño de 2007.-  “O Goberno galego debe abandonar a súa visión miope da realidade da economía galega, ten que ver tamén os problemas que afectan ás economías das familias de Galicia e presentar nesta Cámara políticas económicas para corrixir esta situación que ameaza con conducir ao desánimo e o pesimismo ao conxunto da sociedade  galega”. Son palabras de José Manuel Barreiro, portavoz do Grupo Popular, ao responder hoxe a unha comparecencia parlamentaria do conselleiro de Economía da Xunta, ao que acusou de ter desperdiciado estes dous anos de Goberno sen elaborar unha política propia que permita superar a “autocompracencia e o conformismo”.

 

A xuízo do voceiro parlamentario do Grupo Popular, para coñecer a marcha real da economía é preciso analizar a situación das economías familiares. Dous anos despois do cambio de Goberno, as familias galegas viven peor e con máis problemas económicos, sen que a Xunta teña fixado unha estratexia coa que inverter ese panorama.

 

O incremento dos tipos de interese –explicou Barreiro Fernández- “está complicando moito  a situación das familias galegas”, que se ven abocadas a aumentar os prazos do endebedamento. Este factor, unido ao crecemento do IPC, tradúcese nunha perda do poder adquisitivo familiar.

 

Outra variable analizada por José Manuel Barreiro na súa intervención foi a evolución do prezo da vivenda. Neste dous anos, Galicia pasou de estar situada entre as Comunidades nas que menos se incrementan os prazos da vivenda, a liderar ese crecemento. De feito, no primeiro trimestre de 2007, Galicia converteuse na Comunidade Autónoma con maior crecemento do prezo da vivenda, un 12,2%, fronte ao 7,2% de media estatal.
 

TENDENCIA ACUMULADA
A xuízo de Barreiro Fernández, a evolución que presentou, ata o de agora, a economía galega obedece, en boa parte, á tendencia derivada da política  desenvolvida polo anterior Executivo autonómico do PPdeG neste ámbito e enmarcou a comparecencia de Fernández Antonio na estratexia do bipartito de utilizar a Cámara “unicamente como altavoz para vender as medidas que lles interesan, pero nunca para someterse ao control parlamentario”, como debería suceder se no hemiciclo residise a “auténtica esencia” da democracia en  Galicia.

Para o PPdeG, e a pesar de levar transcorrida xa a metade da lexislatura, o Executivo bipartito carece de estratexia a de modelo económico propio. “Agás algún programa  illado, non están facendo nada novo”, argumenta Barreiro.

 

Se ben é certo que a economía galega medra por riba da española en termos xerais, non é menos certo que se está a producir unha redución do diferencial de crecemento resto ao conxunto de España, como se pode comprobar no seguinte cadro.

 

 

1 Trimestre-06
2º trimestre-06
3º trimestre-06
4º trimestre-06
1º trimestre-07
GALICIA
4.0
4.1
4.1
4.2
4.2
ESPAÑA
3.7
3.8
3.8
4.0
4.1

 

Unha vez constatada a tendencia cara a desaceleración da economía, o portavoz parlamentario do PPdeG preguntou ao conselleiro qué vai pasar de continuar esa situación e cantos anos máis vai precisar Galicia para completar a súa converxencia con España.

 

En termos de produtividade, o escenario é semellante, como se pode comprobar no seguinte cadro, que amosa a evolución trimestral.

 

 

2º trimestre-06
3º trimestre-06
4º trimestre-06
1º trimestre-07
GALICIA
1.13
1.18
0.88
0.62

 

No que respecta ao emprego, Barreiro Fernández alertou que “a  realidade non é como a pintan” desde o Goberno e recordou que a temporalidade e a precariedade laboral están situadas nun 32,2%, mentres que en España (tradicionalmente con peores datos) se reduciu ata o 32% no primeiro trimestre de 2007.

 

Neste mesmo apartado, se ben é certo que a taxa de paro se está a reducir en Galicia, faino porque o número de activos se mantén practicamente estancado nun crecemento do 1%, mentres que no conxunto do Estado presenta taxas de crecemento moito máis elevadas. Malia ese mellor comportamento, a maiores, no resto de España compensan as baixas taxas de crecemento da poboación activa coa incorporación de inmigrantes ao mercado laboral. Neste contexto, Barreiro Fernández advertiu que, a medio prazo, as empresas asentadas en Galicia terán dificultades para cubrir as demandas de man de obra como consecuencia do estancamento da súa poboación activa.

 

“A INDUSTRIA FUXE DE TOURIÑO”

Sobre a ausencia dun modelo económico e industrial nesta Lexislatura, o portavoz parlamentario do Grupo Popular recordou que o clima de desconfianza empresarial ante esa carencia se traduce na fuga de empresas. Considerou que 2006 foi o peor ano para as empresas galegas, un exercicio no que, en palabras de Barreiro, “a  industria fuxiu de Touriño”. Como exemplo desa situación, o orador lembrou que non se puido materializar unha proposta empresarial para retomar a construción naval civil nos terreos ociosos de Navantia-Fene, ou que empresas como Pescanova, Leche Celta, Ikea, Fadesa, ou La Toja-Henkel, tomaron decisións lesivas para os intereses da Comunidade Autónoma, mentres o bipartito se limitou a actuar como un “mero espectador”.

Agregou o portavoz popular que a Xunta non pode obviar outras sinais de alerta sobre o deterioro da situación económica e recordou que o Estudo Hispalink ofrece unha visión pesimista da realidade. Para o ano 2007, ese estudo pronostica que a economía galega medrará un 3,6%, fronte ao 3,7% do conxunto de España. E para 2008 a situación será aínda peor, cun crecemento do 2,5% para Galicia e dun 3% para o total do Estado.

 

No seu discurso, Barreiro Fernández lamentou a ausencia dunha estratexia económica global, coordinada entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia. Como exemplo, sinalou o Plan de Reequilibrio Territorial, presentado onte e que “máis aló dunha medida publicitaria baleira de contido, máis aló dun slogan, non é nada. O único que temos claro é que se trata dunha recompilación de programas que xa estaban en marcha, sen nada novo”.