José Manuel Barreiro votou ao mediodía no colexio electoral de Serra de Outes |
Domingo, 27 de maio 2007. O presidente provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro votou ao medio día de hoxe no Colexio Electoral da Gardería de Serra de Outes. Barreiro expresou á saída do colexio a súa confianza en que hoxe Lugo rexistre unha boa participación e que a xornada transcurra con normalidade. A continuación, Barreiro visitou os colexios electorais da zona e saudou aos integrantes dos mesmos.
Pouco antes de Barreiro, depositou o seu voto o candidato á alcaldía de Lugo, Joaquín García Díez, no colexio electoral do Instituto Politécnico.
Joaquín García Díez votou ás 11:30 no Instituto Politécnico |
Barreiro dixo que era un bó día para votar e que agardaba unha boa participación |