Partido Popular de Lugo

BARREIRO DÍ QUE JOSÉ BLANCO “É UN INCUMPLIDOR PROFESIONAL”

Barreiro e García Díez fixeron balance da campaña

Barreiro e García Díez fixeron balance da campaña

Venres, 25 de maio de 2007.- O presidente provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, amosou a súa satisfacción pola alta participación rexistrada nos máis de medio cento de mítines celebrados ao longo desta campaña e agradeceu hoxe aos miles de simpatizantes que participaron nela o seu apoio ao Partido Popular. Barreiro asegurou que “polo público e polo entusiasmo que vin entre a xente estou convencido de que o PP vai a ser a forza maioritaria na maioría dos 67 concellos da provincia”.

En total, Barreiro asistiu a 30 actos electorais na provincia nos que visitou concellos da Mariña como Viveiro, Vicedo, Ribadeo, Cervo, Foz ou Mondoñedo, da Terra Chá, como Vilalba ou Cospeito, da montaña como Folgoso do Courel, Cervantes ou Navia de Suarna, da zona centro de Lugo como Sarria, Paradela, Palas de Rei, Rábade e Portomarín, e da zona sur como Taboada, Pantón, Carballedo, Monforte ou Ribas de Sil. Previamente, durante a precampaña o presidente provincial asistiu á presentación das candidaturas da maioría dos concellos da provincia para apoiar aos candidatos locais, algunhas delas cunha numerosa asistencia de público como foi a de Monterroso, no que se deron cita unhas mil persoas.

Asimesmo, Barreiro, número 3 da candidatura do PP na cidade de Lugo, participou en numerosos actos na capital da provincia, sendo o principal o mitin central do Partido Popular en Lugo, no que máis de mil persoas arrouparon ao candidato Joaquín García Díez no Auditorio Gustavo Freire, e que contou coa presenza de Manuel Fraga. En total preto de 15.000 kilómetros de percorrido.

Campaña de credibilidade
A xuizo de José Manuel Barreiro, o Partido Popular foi o único partido que fixo unha campaña respetuosa coas regras de xogo e cos electores ao presentar propostas cribles. Neste senso Barreiro lembrou que o PSOE foi requerido pola Junta Electoral de Lugo para que retirara súa propaganda por incumplir os prazos. E tanto o PSOE como o BNG “non foron escrupulosos” respectando a lei de paridade nas súas listas electorais.

Barreiro salientou que só o PP presentou un candidato e un programa para a Deputación Provincial e polo tanto é a única forza con credibilidade para gobernar o organismo provincial. “Non é de recibo que dúas forzas concorran a unhas eleccións sen candidato coñecido e sen programa, iso é unha tomadura de pelo aos electores”.

Así mesmo, Barreiro criticou a nula credibilidade do Partido Socialista “que volve a presentar as mesmas promesas que hai oito anos”. Con relación ás palabras de José Blanco onte en Lugo sobre as autovías a Santiago e Ourense, Barreiro afirmou que “todo canto dí de que se vai facer é a absoluta garantía de que non se fai”. Barreiro calificou a Blanco como “incumplidor profesional” e insinuou que “quizáis por esa condición chegou a ter un alto cargo no Partido Socialista”.

O presidente provincial considera “unha desfachatez” que o secretario de organización do PSOE volva a Lugo, campaña tras campaña, a falar das mesmas promesas que hai catro anos.

“Polo menos que cando veña a Lugo que teña a decencia de facer novas propostas”, e pediulle a José Blanco que “non faga aos lucenses comulgar con rodas de muiño”. Nese senso, Barreiro lamentou que as compromisos do PSOE con Lugo sigan exactamente igual en relación cos quince mil empregos do CETAL, o auditorio, a ponte do Miño, a chegada do AVE…

Incumplimento do código ético
O candidato do PP de Lugo coincidiu co presidente provincial en sinalar o bó ambente e a fluida asistencia aos actos do PP de Lugo, “iso é unha boa sinal que me transmite moi boas vibracións para o domingo”.

Para Joaquín García Díez o código ético do PSOE non se aplicou en Lugo nestas eleccións co tema das inauguracións. Neste senso, o candidato referiuse á visita realizada por Orozco e Touriño ás obras do novo hospital. O candidato acusou aos cargos socialistas de visitar unha obra que carece de licencia. García Díez pregúntase “por qué os dirixentes socialistas non esperaron á súa resolución antes de visitala “. Con relación a esta infraestructura, García Díez sinalou que “estas obras a día de hoxe están prácticamente paralizadas, xa que, en cinco meses, non se pagou ningunha certificación, e cada día hai menos persoal traballando nela.” Por outra banda, puntualizou que nin siquera están licitadas unidades importantes como radioterapia e medicina nuclear.

O último acto na capital do Partido Popular de Lugo será a festa popular coa que esta noite pechará a campaña e á que asistirán 570 persoas. Joaquín García Díez suliñou a rapidez coa que as invitacións se esgotaron, “síntoma da unidade e da fortaleza do Partido Popular en Lugo”.

PRENSA
PARTIDO POPULAR