Partido Popular de Lugo

RAMOS LEDO APOIARÁ A XUVENTUDE DE TABOADA CUN GALARDÓN Á MOCIDADE E A CREACIÓN DUNHA LUDOTECA

Barreiro estivo en Taboada apoiando a candidatura de José Jesús Ramos Ledo

Barreiro estivo en Taboada apoiando a candidatura de José Jesús Ramos Ledo

Xoves, 24 de maio de 2007.- O PP de Taboada que encabeza José Jesús Ramos Ledo celebrou hoxe o seu mitin principal coa presenza do presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro. O acto foi presentado polo senador taboadés Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

O candidato popular referiuse aos logros e realizacións acadados nos últimos catro anos “e que constitúen o principal aval da xestión do PP en Taboada para o futuro”, explicou Ramos. A continuación, se referiu ao programa e ás medidas que pensa poñer en marcha nos vindeiros catro anos, medidas que según Ramos foi deseñado polo seu equipo cun claro coñecemento das necesidades da xente e do territorio “por iso, a política social vai ter un papel moi destacado no nos programa, aínda que xa contamos cun servizo de axuda a domicilio creado polo concello que atende a moitos veciños de Taboada”.

Ramos anunciou que nos próximos catro anos, o PP institucionalizará a `Festa da Xuventude´ na cal se concederá o premio ao mozo do municipio que máis destaque nun área de actividade, (cultura, estudios, deporte, empresa etc.). Ramos Ledo considera esta medida como unha forma de premiar o valor do o esforzo persoal e do traballo entre a xuventude de Taboada. Así mesmo anunciou a posta en marcha da ludoteca xuvenil no edificio do vello cuartel que xa foi rehabilitado.

O candidato popular salientou tamén a importancia que nos vindeiros anos terá a posta en marcha da residencia da terceira idade e o parque industrial, do cal xa está exposto o Plan de sectorización, e que vai acoller a fábrica de piensos como principal motor económico do municipio.

Pola súa banda, José Manuel Barreiro dixo que Ramos Ledo é o mellor alcalde que pode ter Taboada e que merece ser reelixido porque ten credibilidade, pois demostrou ser un home íntegro e coa capacidade suficiente para poñer en marcha un proxecto de futuro para Taboada. Barreiro explicou que esa é a forma de gobernar do Partido Popular “aportando solucións e traendo progreso aos pobos, porque nós non nos adicamos a vender fume senón a traballar pola xente”.

PRENSA
PARTIDO POPULAR