Partido Popular de Lugo

MARTÍNEZ COTARELO ACUSA A PARADA DE NON TER RESOLTA NINGUNHA DAS PREOCUPACIÓNS DOS FONSAGRADINOS

Mércores, 23 de maio de 2007.- O candidato popular á alcaldía da Fonsagrada, Tobías Martínez Cotarelo, criticou hoxe a xestión do Partido Socialista dos últimos catro anos no concello. Martínez Cotarelo fixo un repaso das principais cuestións que preocupan no municipio e afirma que están todas sen resolver nestes catro anos pouco ou nada se pode decir que estéa feito, pasaron sin pena nin gloria. O programa electoral que nos presentou fai catro anos o PSOE está sin estrear”, afirmou o candidato do PP quen se referiu un por un aos temas que non acadaron solución nos últimos catro anos.

Segundo Martínez Cotarelo, a tan mencionada residencia da terceira idade está sin facer. “Os cartos da Fundación Rois malgastáronse nun edificio horripiante que nunca se rematou e que encima non se pode autorizar para residencia da terceira idade. Agora nin residencia nin cartos.”

Tamén se referiu o candidato popular á depuradora de augas residuáis, outra das infraestructuras que tiña que estar rematada hai anos, “pero coma sempre acórdanse oito días antes das eleccións que a obra está sin rematar e escomenzan agora cas zanjas para o seu remate”.

O PXOM é tamén obxecto da crítica do PP da Fonsagrada. Martínez Cotarelo explicou que Ricardo Parada dixera que o plan era “inmellorable”, pero as máis de mil alegacións que se presentaron “e que non tiveron a dignidade de respostar aos veciños, dicindo si tiñan razon ou que o plan xa estaba retirado, non avalan esa teoría”. “A súa solución foi decir que o PXOM xa estaba anulado, ¿e os gastos que ocasionou ó concello e ós seus habitantes?”, pregúntase Martínez Cotarelo quen lembra ademais o descoñecemento que hai no concello sobre a construcción do polígono industrial.

Asi mesmo critica que o programa socialista diga que van `rematar´ o asfaltado das pistas municipáis. “O que teñen que dicir é que van `comezar´ o asfaltado da zona rural, porque non alquitranaron ningunha en boas condicións e as que estaban en bo estado fai catro anos hoxe están intransitables porque nin lles tocaron”.

Por outra banda, o candidato popular acusa ao goberno municipal de non ter rematadas as obras de restauración do Xulgado. “Non se acometeron por iniciativa do partido socialista, a pesar de que a obra xa estaba escomenzada antes de que gañaran as eleccións municipáis do ano 2003”. Do mesmo xeito, lembra que o cuartel da garda civil xa se ía facer hai tres anos “pero aínda non se escomenzou”.

Por último, Martínez Cotarelo criticou a forma na que o concello asinou o convenio con Repsol-gas e pregúntase “¿por qué o señor alcalde non atendeu ofertas doutras empresas e saber cal era a máis beneficiosa para o pobo? ¿hai outros compromisos ou intereses?,¿por qué non aclara a ubicación exacta do depósito?, ¿por que non se trata en Pleno o asunto?”.

“Despois de todos estes incumplimentos creemos que o pobo non merece tanto engano”, afirmou como consecuencia Martínez Cotarelo.

PRENSA
PARTIDO POPULAR