Mércores, 23 de maio de 2007.- O candidato á deputación do PP, José Manuel Barreiro, saiu ao paso das descalificacións do secretario provincial do PSOE. Para José Manuel Barreiro as mensaxes de Lago Lage se apoian no insulto e na difamación “é un experto mercenario da política a quen seguramente, como noutras ocasións, lle encomendaron este encargo”.
O candidato á deputación critica esta saída de tono do PSOE e pídelles os socialistas que antes de falar miren para os seus “xa que a estas alturas non sabemos nin cal é o proxecto e o programa que o PSOE ten para deputación nin tan seguera quen vai ser o seu candidato”. “Está claro que non teñen ningún interese na deputación, xa saben a priori que non van gobernar por iso non están a facer ningun tipo de esforzo, os únicos que temos presentado públicamente un programa para deputación somo nós”.
José Manuel Barreiro amosou a sua confianza en que o próximo día 27 o PP vai ser a forza maioritaria na provincia.
Debate.-
O señor Lago Lage falta a verdade cando asegura que o candidato do PP á deputación declinou unha invitación para debatir nunha emisora local “ao partido popular se lle propuxo un debate entre candidatos. Mentres que o PP confirmou, dende o primeiro momento, a asistencia do seu ,o resto dos partidos enviaban a substitutos desvirtuando por completo o obxectivo deste programa.
José Manuel Barreiro tamen adiantou que no mitin central desta tarde explicará cales son as razóns polas que hai que botar ao PP, en Lugo e recriminou a política de promesas incumplidas dos socialistas “despois de oito anos de goberno é pouco crible que se presente un candidato coas mesmas promesas que hai oito anos (auditorio, PXOM …) Alguén que é incapaz de levar a cabo este tipo de proxectos non merece a confianza dos lucenses.
Hai que pasar do “estamos nelo” ao “xa está feito”, puntualizou.
Festa fin de campaña.-
Xa se poden retirar na oficina de San Marcos as tarxetas para cea fin de campaña que o Partido Popular celebrará o último día de campaña. A cea terá lugar no Hotel Jorge I ás dez da noite.
PRENSA
PARTIDO POPULAR