Partido Popular de Lugo

GARCÍA DÍEZ CREARÁ UNHA BOLSA MUNICIPAL DE VIVENDAS EN ALUGUER PARA MOZOS E CONCEDERÁ AXUDAS ENTRE O 10 E O 20% DO RECIBO MENSUAL

Luns, 21 de maio de 2007.- O candidato do PP de Lugo anunciou que si é alcalde creará unha bolsa municipal de vivendas en aluguer para mozos que irá acompañada dunha axuda económica entre o 10 e o 20% do prezo do recibo mensual do aluguer. Outro compromiso do alcaldable do PP será a promoción de pisos para xente nova en réxime de propiedade con condicións vantaxosas.

No apartado de formación, Joaquín García Díez tamén se ratifica no seu compromiso de poñer a andar, no primeiro ano de mandato, un centro da UNED en Lugo.

Para os emprendedores.-
Con respecto ao emprego o candidato do PP anunciou a creación dunha bolsa-currículum de xóvenes para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral ao rematar a súa preparación, e a posta en marcha dun servicio especializado en facilitar a busca de emprego a tempo parcial ou de tempada para mozos e estudiantes.

Para os mozos emprendedores hai un paquete de medidas específicos. Entre elas destacar a reducción, durante o primeiro ano de actividade, do IBI e tributos locais para empresas de mozos menores de 35 anos así como  a reserva dunha porcentaje do solo industrial. Outra proposta do candidato popular é a “bolsa de locais valeiros”.

O alcaldable popular puntualiza que “dende o mesmo día 28 de maio á mañá, traballarei para conseguir que os mozos de Lugo teñan máis oportunidades tanto para formarse como para independizarse”.

Dentro do programa Lugo xoven hai un apartado específico relacionado cos hábitos da xuventude. Dende o Partido Popular o que se propón é levar a cabo un plan de equipamentos e espacios adaptados ás súas necesidades destacando o proxecto de dotar aos distintos barrios de pistas polivalentes para a práctica de diferentes modalidades deportivas, tamén se promoverán campañas de sensibilización nos lugares de ocio sobre consumo responsable e saudable e se reforzarán os programas de ocio alternativo nocturno. O candidato tamén propón canalizar a solidariedade da mocidade creando unha oficina que coordine as distintas actuacións de voluntariado.