Partido Popular de Lugo

JOSÉ MANUEL BARREIRO DÍ EN SARRIA QUE OS PARTIDOS INDEPENDENTES CARECEN DE CREDIBILIDADE

Barreiro, Núñez Feijóo e Mayor Oreja arrouparon a candidatura de José Antonio García

Barreiro, Núñez Feijóo e Mayor Oreja arrouparon a candidatura de José Antonio García

Xoves, 17 de maio de 2007.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o presidente provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, o eurodeputado Jaime Mayor Oreja, arrouparon hoxe á candidatura popular de Sarria nun xantar e no posterior mitin ao que asistiron máis de cincocentas persoas.

Trala presentación do acto polo senador Fernando Carlos, quen sinalou os incumprimentos da Xunta de Galicia con Sarria, o Presidente Provincial dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, se referiu ao proxecto do Partido Popular para Sarria como un programa “serio e con credibilidade”. O presidente provincial explicou que o Partido Popular quere gobernar Sarria para resolver os problemas da sociedade “e non os problemas persoais dos que van nas listas”.

Barreiro destacou a importancia de ter credibilidade en política, “algo do que carecen outros partidos que xa saben que terán que pactar entre eles e que por tanto non poderán cumplir o seu proxecto por iso da igual o que prometan, xa se sabe que non é real”. Segundo o candidato do PP á Deputación provincial, só o PP ofrece un proxecto real e realizable para Sarria como xa o demostrou nestes catro anos.

O presidente provincial do PP en Lugo, José Manuel Barreiro, destacou como principais virtudes do candidato sarriense a súa seriedade e credibilidade.

Programa marco provincial
Por outra banda, José Manuel Barreiro presentou esta mañá en Santiago o programa marco do Partido Popular para desenvolver na Deputación Provincial de Lugo. O dito programa recolle as liñas xerais do que será a actuación política do Partido Popular ao fronte do organismo provincial. Segundo Barreiro, “o Partido Popular cree nas Deputacións aínda que non as goberne, e por iso queremos modernizalas e actualizalas para que poidan seguir prestando servizos básicos de apoio, sobre todo nos concellos pequenos”.

O programa marco do PP quere potenciar as deputacións creando ou consolidando servizos especializados de carácter provincial que dean cobertura a tódolos municipios en materias como urbanismo, promoción económica e turística, entre outras. Así por exemplo, o Partido Popular quere crear en cada Deputación un órgano adicado a atender as necesidades urbanísticas dos concellos, especialmente os de pequeño tamaño, centrándose na elaboración de documentos de planeamento e asesoramento xurídico-técnico.

O programa contempla iniciativas en materia de cultura, empresa, traballo, consumo, turismo, medio rural, educación, integración, deporte, información, prestación de servicios ou asistencia social.

Premio `Fidalgo da Piringalla´
Por outra parte, Barreiro recolleu hoxe o premio `Fidalgo da Piringalla´ co que a asociación veciñal Cultural Deportiva San Isidro distingue o labor daqueles lucenses que colaboraron no seu desenvolvemento. O presidente provincial agradeceu este premio e afirmou sentirse moi honrado como lucense de ser recoñecido `Fidalgo´ polos veciños “do barrio que máis está a medrar de toda a cidade e que por tanto maior ”.

Barreiro referiuse aos orixes da Piringalla, como barrio que acolle a xente nova procedente dos concellos rurais de Lugo e de toda a provincia e eloxiou os seus esforzos “por mellorar día a día e acadar mellores servizos para os veciños”.

Letras galegas
Asi mesmo, Barreiro salientou o feito de que as festas da Piringalla rematen coincidindo co Día das Letras Galegas e sumouse a esta celebración resaltando a figura da poetisa María Mariño, de quen dixo que a pesar de ser natural de Noia foi “unha lucense máis”, “xa que escolleu un pobo desta provincia, O Courel, para pasar boa parte da súa vida, e donde descansa hoxe”.

O presidente provincial do PP explicou que o galego foi a súa primeira lingua e afirmou que non cree que a globalización sexa incompatible co mantemento das señas de identidade lingüísticas, “e en Galicia temos un bo exemplo diso” puntualizou, motivo polo que se amosou partidario dun “galeguismo integrador”.

PRENSA
PARTIDO POPULAR