Partido Popular de Lugo

TOBÍAS MARTÍNEZ COTARELO REVITALIZARÁ A FONSAGRADA COMEZANDO POLO PLAN XERAL

Tobías Martínez Cotarelo preséntase por primeira vez á alcaldía da Fonsagrada

Tobías Martínez Cotarelo preséntase por primeira vez á alcaldía da Fonsagrada

Martes 15 de Maio de 2007.- José Manuel Barreiro estivo onte na Fonsagrada para apoiar ao candidato poular, Tobías Martínez Cotarelo quen concorre por primeira vez á alcaldía. Barreiro explicou o proxecto do Partido Popular e dixo sentírse orgulloso da defensa “que se fixo eiquí dun proxecto político”, e afirmou que o importante en política son as ideas e os valores “somos xente seria e con principios aos que non nos da todo igual e ao final, a sociedade sabe valorar iso”, explicou.

Barreiro contrapuxo esa forma de entender a política polo PP coa dos outros partidos, que entenden a política como unha forma de resolver as súas cuestións persoais. “Á política hai que vir a traballar polos demais e a resolver os problemas dos demais, e se non se entende así vaise por mal camiño”, explicou Barreiro. Tamén criticou ao goberno bipartito da Xunta, “que anda a todo menos a resolver os problemas reais de Galicia”, dixo Barreiro quen explicou que “os conselleiros do Bloque non despachan co presidente da Xunta” e preguntouse “¿imaxínanse un goberno no que cada un vai polo seu lado?, iso non é un goberno é unha suma de intereses” comentou.

Referiuse tamén ao alcalde socialista da Fonsagrada quen, segundo Barreiro non ten capacidade xestora, “e así o demostrou cando foi incapaz de aprobar o Plan Xeral”. Por iso, Barreiro pediu aos fonsagradinos que apoiasen ao Partido Popular “porque A Fonsagrada o necesita”. “Eiquí -explicou Barreiro- é posible e necesario que goberne o PP, e que Tobías Martínez sexa alcalde porque é un home serio, responsable e traballador”.

Barreiro explicou que o PP é un partido de ideas 'ao que non lle da todo igual'

Barreiro explicou que o PP é un partido de ideas ‘ao que non lle da todo igual’

O candidato do PP á alcaldía da Fonsagrada comezou a sú intervención referíndose á pérdida de categoría da Fonsagrada como municipio debido á reducción da poboación, polo que Fonsagrada deixa de ser concello de segunda categoría e pasa a ser de terceira.

Pero o centro das críticas do candidato popular foron o Plan Xeral urbanístico que foi retirado ante o número de alegacións presentadas e que o alcalde puxo “na papelera de reciclaxe”. Para Martínez Cotarelo é preocupante ese olvido porque os pobos precisan dun plan que lles permita medrar e desenvolverse e anunciou o seu propósito de presentar un proxecto urbanístico baseado no consenso pero “informando rúa a rúa e pobo a pobo”.

Tamén se referiu ao polígono industrial “que nin tan siquera ía contemplado no proxecto do Plan Xeral”, do que dixo que negociaremos un proxecto de polígono para A Fonsagrada con José Manuel Barreiro cando sexa presidente da Deputación.

O candidato popular anunciou que o Partido Popular volverá a dar unhas festas á Fonsagrada como se merece “porque é unha vergoña que A Fonsagrada non teña festas patronais”.

Propuxo tamén dotar de mellores servizos aos maiores, acadando unha residencia para a terceira idade, porque considera que “un centro de día non é suficiente para as necesidades do concello”.

Así mesmo prometeu gobernar con transparencia aprobando os presupostos anualmente “e non unha vez cada catro anos como fai o alcalde para tapar a enorme débeda do concello”, explicou.

PRENSA
PARTIDO POPULAR