Partido Popular de Lugo

O PP DENUNCIA QUE A PRAZA DE PEDIATRÍA DA FONSAGRADA ESTÁ CUBERTA POR UN XENERALISTA

Sábado, 12 de maio de 2007 O Partido Popular anunciou hoxe que a Consellería de Sanidade está cubrir prazas de pediatría con médicos xeneralistas en varias localidades da provincia de Lugo. Trala denuncia realizada días atráis polo PP de Lugo na que se puñan de manifesto este tipo de prácticas por parte da Xunta de Galicia, o deputado autonómico e antigo Delegado Provincial de Sanidade, Dámaso López, advirte que a mesma situación estase a producir na Fonsagrada e en varios concellos veciños.

Segundo Dámaso López, a praza de pediatría da Fonsagrada está cuberta por un médico xeneralista que ata hai pouco estaba destinado no servizo de urxencias de Alcázar de San Juan, na provincia de Ciudad Real, e que na actualidade está colexiado na Coruña. A maiores, o servizo que presta este profesional non é nin tan siquera a tempo completo, xa que tan só pasa consulta tres días á semana na Fonsagrada, distribuindo o resto de días entre Castroverde, onde atende aos pacentes durante xornada e media, e Baleira, onde está tan só medio día.

O deputado autonómico afirma sentir “bochorno e tristura pola forma na que a Xunta se rebaixa a este tipo de enganos” e lamenta que “para vender fume non teñan reparos siquera en xogar coa saúde dos nenos”. Dámaso López esixe responsabilidades ao Delegado de Sanidade en Lugo, a Conselleira de Sanidade e o alcalde da Fonsagrada, quen ademais é médico, por ocultar aos veciños un tema tan grave como as verdadeiras condicións dun servizo que afecta “ao que máis quere calquera pai”. López apunta ademais que este tipo de irregularidades pódense estar a producirse tamén nalgún outro concello da provincia.

En canto á resposta ofrecida onte pola xerente de Atención Primaria de Lugo na que resaltaba a profesionalidade da médico xeneralista que ocupa a praza de pediatra en Monforte, Dámaso López, dí que dende o afecto persoal que ten hacia ela –“que ademais é pediatra”-, lamenta “o papelón que lle están obrigando a facer no seu partido con este tema”. López explicou que “aínda que un xeneralista poida tratar os ollos dun paciente non é un oculista, nen tampouco un pediatra aínda que poida atender a un neno, e o que se lles prometeu en Monforte e que ían levar para alí un pediatra, e iso sábeo moi ben a xerente de Atención Primaria”.

O Partido Popular xa denunciou no mes do novembro que a Xunta de Galicia cubrira unha praza de especialista no PAC de Burela por un profesional sen título homologado, cuestión que ata agora non obtivo resposta pola Xunta de Galicia.

PRENSA
PARTIDO POPULAR