Partido Popular de Lugo

BARREIRO PERCORRERÁ A PROVINCIA DE NORTE A SUR DURANTE A CAMPAÑA E APOIARÁ, EN LUGO, A GARCÍA DÍEZ NOS ACTOS A PÉ DE RÚA

Xoves 10 de Maio de 2007.- O Partido Popular levará a cabo na provincia de Lugo máis dun cento de mitíns de campaña. O Presidente Provincial do Partido Popular de Lugo e candidato á deputación anunciou que intervirá, como mínimo, en 30 deles.

José Manuel Barreiro percorrerá de norte a sur os principais concellos da provincia de Lugo para apoiar aos candidatos locais do Partido Popular. En total, Barreiro asistirá a 30 actos electorais nos que visitará concellos da Mariña como Viveiro, Vicedo, Ribadeo, Cervo, Foz ou Mondoñedo, da Terra Chá, como Vilalba ou Cospeito, da montaña como Fonsagrada, da zona de Lugo como Sarria, Paradela, Rábade, Taboada e Portomarín, e da zona sur como Monforte ou Ribas de Sil.

Asi mesmo, Barreiro, número 3 da candidatura do PP na cidade de Lugo, participará en numerosos actos na capital da provincia, sendo o principal o mitin central do Partido Popular en Lugo, que terá lugar o día 23 de maio no Auditorio Gustavo Freire no que acompañará a Núñez Feijoo, Manuel Fraga e o candidato á alcaldía, Joaquín García Díez. Previamente, o día 19, Barreiro e Ana Pastor celebrarán un acto electoral no Gran Hotel de Lugo en apoio de García Díez. O presidente provincial participará tamén en mítins de campaña da zona rural de Lugo.

Pero, sen dúbida un dos mítines máis emotivos terá lugar en Vilalba, terra natal de Manuel Fraga quen, acompañado da plana maior do PPdeG, arroupará ao candidato vilalbés e actual rexedor Gerardo Criado no mitin previsto para o día 22.

José Manuel Barreiro, nº 3 da candidatura de Lugo, puntualizou que se sumará nos repartos de propaganda electoral que se fagan a pé de rúa en Lugo nos puntos onde se instale a carpa de campaña.

Preparados para a campaña.-
O Presidente Provincial  agradeceu de antemán o esforzo das moitas persoas  que xa están a traballar nesta campaña. O Partido Popular  movilizará na provincia a  1.100 interventores e máis de 2.000 apoderados. En Lugo capital son máis de 200 interventores e 300 apoderados.

Barreiro amosou a súa confianza nos  seus candidatos “despois de percorrer a provincia teño boas vibracións. Estou convencido de que co traballo dos nosos candidatos manteremos os resultados de 2003 nos que o PP foi a forza máis votada en 52 dos  67 concellos da provincia”. «Todos eles son políticamente capaces xa que teñen o liderazgo e a representatividade necesaria para afrontar os grandes retos que esperan a Lugo nos próximos años”.

Actos en Lugo cidade.-
A campaña de Joaquín García Díez busca a cercanía e o contacto directo cos cidadáns.  A axenda do candidato xira en torno a catro eixos:

 1.- Presenza continua na rúa: A carpa de campaña seguirá viaxando durante as dúas próximas semanas polos distintos barrios e servirá de base para que o candidato manteña encontros con simpatizantes. García Díez opta por esta presenza constante na rúa para para explicar o seu programa aos lucenses. (Confirmar horario)

 2.- Mitins de campaña.- O alcaldable popular participará en dous mitíns diarios, un na zona rural e outro na cidade.

 3.- Actos sectoriais.- Paralelamente, Joaquín García Díez reanudará unha nova rolda de encontros sectoriais. Entre os programados compre destacar un acto relacionado coa lei da dependencia, no que se contará coa presenza de Ana Pastor.

4. Debates.- A axenda do candidato está marcada pola participación nos debates que se solicitaron dende distintas entidades veciñais.