Barreiro criticou a paralización pola Xunta da construcción da pranta de plásticos de Galicia que se ía construir en Guntín |
Xoves, 9 de maio de 2007.- O Partido Popular de Guntín presentou onte a súa candidatura para as vindeiras eleccións coa participación de José Manuel Barreiro. O presidente provincial acompañou a Jesús Carreira Ferreiro quen concorre á reelección.
Barreiro defendeu a xestión de Carreira no concello nos anos que leva de alcalde e dixo del que “é unha persoa coñecida por todos, próxima aos veciños e sobre todo honesta e respetuosa cos demais”. Barreiro afirmou que non todo o mundo en política é así, xa que “hai quen vai por ahí difamando e entendendo a política como unha forma de confrontación”, o presidente provincial do PP de Lugo dixo que “hai que frenar aos que non respetan aos demais, pechándolles a porta dos concellos”. Barreiro explicou que o PP traballa pola xente e que “poderemos equivocarnos e meter a pata pero o que nunca faremos é meter a mao”.
Barreiro referiuse tamén á pranta de plásticos de Galicia que o PP deixou licitada na Xunta de Galicia para Guntín e que hoxe está aínda sen construir. “Non é excusa un problema administrativo, pois en dous anos non hai trámite que non se poda solucionar, o que ocorre -explicou Barreiro- é que non hai vontade de facela aquí”, Barreiro afirmou que de seguir gobernando o PP na Xunta a pranta xa estaría en funcionamento.
Os veciños arrouparon con entusiasmo a presentación da candidatura de Jesús Carreira |
Pola súa banda, o candidato de Guntín e aspirante á reelección, Jesús Carreira Ferreiro, explicou que contaba con caras novas na súa candidatura que aportan “novas ilusións e proxectos para Guntín”. O candidato, quen agradeceu aos membros que non repiten na candidatura o seu traballo destes anos a prol de Guntín, explicou que os relevos que se producen na lista acordáronse cun perfecto entendemento no PP de Guntín.
Carreira afirmou que Guntín é un concello que mellora día a día en servizos e calidade de vida gracias ao traballo cotián do Partido Popular en tódalas áreas. “Hoxe contamos co PAC, un instituto, un polideportivo, unha casa da cultura, piscinas, etc. e queremos seguir nesa liña de progreso e crecemento para que Guntín sexa un lugar cómodo e agradable para vivir”, explicou Carreira. O incremento dos servizos foi tal que, segundo dixo, “agora hai xente que se queda a pasar as vacacións en Guntín”.
O candidato popular anunciou a súa intención de seguir traballando na mesma liña nos vindeiros anos, aprobando o Plan Xeral de Ordenación Urbana no que se prevé a creación dunha zona industrial. “Queremos que se poida edificar de forma ordeada e acadar emprego para tódolos veciños de Guntín de forma que todos poidamos vivir aquí coa nosa familia”, afirmou Jesús Carreira.
Así mesmo, anunciou que xa están contratadas as obras para a mellora de 30 pistas que non van poder estar rematadas antes das eleccións.
Carreira conta con novas caras na súa candidatura |
CANDIDATURA PP GUNTÍN.-
1. Jesús Carreira Ferreiro
56 anos. Empregado de banca.
2. Vidal López Rodríguez
50 anos. Agricultor.
3. José Alberto López Quiroga
38 anos. Agricultor.
4. José Vázquez Barreiro
54 anos. Agricultor.
5. Manuel Serén Barrio
46 anos. Agricultor.
6. María Teresa Estévez López
44 anos. Profesora.
7. Antonio Rodríguez Gandoy
37 anos. Autónomo.
8. José Luis López Fernández
36 anos. Empregado.
9. José Manuel Piñeiro Somoza
50 anos. Médico.
10. Susana Fernández Castro
30 anos. Autónoma industrial.
11. María Vanessa Castiñeira Gandoy
25 anos. Administrativa.
SUPLENTES
1. Verónica Vilela Coto
26 anos. Gandeira.
2. César Vázquez Rodríguez
30 anos. Monitor de autoescola.
3. Jesús Carlos López Rejo
30 anos. Empregado.
4. María Josefa Rodríguez Pastur
34 anos. Agricultora.
5. Juan Carlos López López
46 anos. Agricultor.
6. Celso Rodríguez López
48 anos. Empregado.
PRENSA
PARTIDO POPULAR