Partido Popular de Lugo

JOSÉ ANTONIO FERREIRO DÍ QUE “O CORGO ESTÁ NO BO CAMIÑO” E CONFÍA EN RENOVAR A MAIORÍA POPULAR

Barreiro estivo no Corgo acompañando á candidatura de José Antonio Ferreiro

Barreiro estivo no Corgo acompañando á candidatura de José Antonio Ferreiro

Luns, 7 de maio de 2007.- José Manuel Barreiro asistiu onte en O Corgo á presentación da candidatura popular para as vindeiras eleccións, nas que José Antonio Ferreiro González, actual rexedor do municipio aspira a revalidar a maioría absoluta. Na súa intervención, o presidente popular salientou o traballo desenvolvido por Ferreiro nestes anos a favor dos veciños do Corgo e lles pediu que sigan confiando en quen ten demostrado a existencia dun proxecto de futuro para o concello.

O presidente provincial do PP explicou a dificultade que implica sacar adiante concellos próximos ás cidades e insistiu na necesidade de saber ver cales son as necesidades prioritarias para levar a cabo proxectos de futuro aproveitando as oportunidades que xurden.

A xuizo de Barreiro, o PP é o partido que mellor sabe ver cales son esas necesidades e darlles solución “porque así o demostrou nos concellos nos que goberna”. Contrapuxo esta forma de actuar, a favor de resolver os problemas da xente coa que amosan outros partidos, “que apostan pola confrontación e por desfacer canto fixo o PP”.

Segundo Barreiro, esa forma de actuar en positivo, con propostas e proxectos que permiten o desenvolvemento da sociedade, débese a que o PP é un partido que cre na libertade como valor supremo que confía nas persoas e aposta polo respeto á lei, mentres que outros “desconfían da xente e por iso pretenden constriur a sociedade dende arriba”. Neste senso, Barreiro explicou que para a oposición todo vale con tal de que non goberne o PP.

Pola súa banda, o aspirante á alcaldía, José Antonio Ferreiro González, amosouse optimista cara os próximos comicios e “plenamente confiado en que os veciños do Corgo saberán valorar o traballo desenvolvido polo PP nestes anos”, otorgándolle novamente a maioría absoluta.

Ferreiro referiuse ás infraestructuras acadadas no Corgo que permitiron sentar as bases para o futuro desenvolvemento económico no municipio. Aludiu especialmente a urbanización do polígono industrial, do cal están adxudicadas xa a maioría das parcelas. En relación con esta infrasestructura, Ferreiro González agradeceu a José Manuel Barreiro a concesión, durante a súa etapa de conselleiro de Medio Ambiente, da subvención para o abastecemento de auga que permitiu dotar deste servizo ao polígono.

Tamén salientou o candidato popular o centro de día ou a urbanización de 45 vivendas unifamiliares “que son indicativo do crecemento do Corgo como municipio”.

Na presentación da súa candidatura, que Ferreiro González calificou de xente “con moita experiencia” anunciou a súa intención de sacar adiante o Plan Xeral de Urbanismo, do que xa adiantou que contaría cun novo parque empresarial. A xuizo do candidato popular, “O Corgo está no bo camiño e atópase no mellor momento da súa historia”, afirmou o candidato quen insistiu na necesidade de aproveitar os vindeiros anos para consolidar o pulo que se lle deu nestes anos ao concello.

CANDIDATURA PP CASTROVERDE.-

1. José Antonio Ferreiro González
63 anos, industrial.

2. Felipe Labrada Reija
47 anos. Gandeiro.

3. Francisco Javier Vila Núñez
42 anos. Empregado.

4. Manuel Ángel Fernández Pérez
55 anos. Gandeiro.

5. José Luis Fernández López
50 anos. Funcionario.

6. María Mar Gómez Gómez
31 anos. Mestra.

7. José Fontela González
55 anos. Empregado de Correos.

8. José Antonio Fernández Martínez
35 anos. Gandeiro.

9. María José Bellón Ferreiro
38 anos. Auxiliar de clínica.

10. Susana López López
36 anos. Empregada de hostelería.

11. José Luis Fernández Pérez
36 anos. Gandeiro.

SUPLENTES

1. José Luis Ferreiro Couce
36 anos. Gandeiro.

2. Juan Carlos Folgueira Sánchez
39 anos. Empregado de comercio.

PRENSA
PARTIDO POPULAR