Partido Popular de Lugo

BARREIRO DÍ QUE “O PP É PORTADOR DOS VALORES QUE TRIUNFAN NOS PAÍSES MÁIS AVANZADOS DO MUNDO”

José Manuel Barreiro explicou o proxecto do Partido Popular en Castro de Rei

José Manuel Barreiro explicou o proxecto do Partido Popular en Castro de Rei

Martes, 8 de maio de 2007.- O Partido Popular de Castro de Rei presentou onte a súa candidatura para as vindeiras eleccións coa participación de José Manuel Barreiro. O presidente provincial acompañou a Arturo Pereiro Vilariño quen concorre á reelección cunha candidatura caracterizada pola xuventude dos seus membros e pola maioría de mulleres que a integran.

Barreiro fixo fincapé na importancia que a xuventude ten no Partido Popular e na integración das novas xeracións coas antiguas, e referiuse ao feito de que as candidaturas do PP de Lugo levan nas súas listas a 300 menores de 35 anos. A xuizo de Barreiro, o PP é o partido das xeracións con futuro, “dos que se esforzan e traballan para acadar unha sociedade mellor”, comentou Barreiro.

O presidente provincial insistiu na importancia das ideas e dos valores na actuación política para poder edificar unha sociedade sólida e cohesionada. Segundo Barreiro, “o PP é portador dos valores que permiten progresar ás sociedades e que están triunfando nos países máis avanzados de Europa e de todo o mundo”.

O presidente provincial do PP advertiu aos simpatizantes de Castro de Rei que desconfíen dos políticos que “defenden unhas ideas para eles e outras para os demais” e afirmou que “o PP defende o mesmo proxecto en Castro de Rei, que en Santiago que en Madrid”. Segundo Barreiro ese proxecto consiste en promover unha sociedade máis xusta, baseada na igualdade de oportunidades para todos e na que sexa posible o libre desenvolvemento persoal.

Comparou Barreiro a forma de facer política do PP, “baseada en feitos e resultados” coa dos outros partidos que “tan só venden fume e boas palabras”. Nese senso, puxo como exemplo a candidatura de Arturo Pereiro Vilariño, “formada por persoas capaces e con méritos suficientes para formar parte da candidatura e non por imposición dunha cota”.

Máis de douscentos veciños asistiron á presentación da candidatura do PP de Castro de Rei

Máis de douscentos veciños asistiron á presentación da candidatura do PP de Castro de Rei

Pola súa banda, o aspirante á alcaldía e actual rexedor do Corgo, Arturo Pereiro Vilariño, explicou que a súa candidatura marcaba o inicio dunha nova etapa caracterizada polo relevo xeneracional, pois dos dezasete membros da candidatura, dez teñen menos de 34 anos. Unha candidatura na que as mulleres son maioría e coa que aspira a renovar o seu mandato catro anos máis.

Arturo Pereiro dixo que “Castro de Rei é hoxe un concello que está a medrar gracias a que se traballou moito para fomentar a creación de emprego no municipio”. Neste senso, explicou que se puxeron en marcha numerosos servizos como o da gardería, a residencia para maiores o centro cultural etc. “servizos que traen mellor calidade de vida para que os veciños non teñan que ir fora”. Tamén salientou a importancia da terceira fase do polígono industrial “que vai permitir a instalación de novas empresas e a xeración de novos postos de traballo”, engadiu .

O candidato popular anunciou que nos vindeiros anos o PP seguirá desenvolvendo o municipio, especialmente nas áreas medioambientais, os saneamentos ou os suministros de augas. Así mesmo, espera que a Xunta de Galicia remita pronto o Plan Xeral para a súa aprobación definitiva polo concello.

A candidatura de Arturo Pereiro Vilariño está composta por nove mulleres e oito homes

A candidatura de Arturo Pereiro Vilariño está composta por nove mulleres e oito homes

 

CANDIDATURA PP CASTRO DE REI.-

1. Arturo Pereiro Vilariño
72 anos. Xubilado

2. José Ónega Seoane
47 anos. Xefe de producción empresa alimentación.

3. Francisco Javier Balado Teijeiro
32 anos. Abogado.

4. Sonia Peteira Fernández
26 anos. Empregada.

5. Beatriz Vidal Barrera
25 anos. Empregada.

6. José Luis García Barja
50 anos. Gandeira.

7. José Luis Pena Corbelle
63 anos. Maderista.

8. María Jesús Lorenzo Gayoso

26 anos. Empregada.

9. Marisol Gigán Díaz
45 anos. Gandeira.

10. María Carmen Goy Lombardía
34 anos. Empregada.

11. Rubén Otero Castro
29 anos. Comercial.

12. Ana María Gayoso Pita
31 anos. Empregada.

13. María Isabel Vázquez Teijeiro
24 anos. Empregada.

SUPLENTES

1. María Luisa Alonso Gallego
55 anos. Empregada de Correos.

2. José Benito Cabana Rodríguez
52 anos. Gandeiro.

3. Mónica Otero Novo
25 anos. Gandeira.

4. José Luis Bodenlle Freire
30 anos. Empregado empresa alimentación.

PRENSA / PARTIDO POPULAR