Rajoy visitó Lugo en compañía de Ana Pastor, García Díez, Barreiro y Núñez Feijoo |
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, participou nun acto de apoio do candidato do PP á alcaldía de Lugo. Durante a súa estadía en Lugo estivo acompañado polo candidato, Joaquín García Díez , polo Presidente Provincial, José Manuel Barreiro e polo Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo.
O dirixente popular mantivo un encontro con representantes da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), entidade que traballa a prol do colectivo de persoas con discapacidade de Lugo e de toda Galicia.
Mariano Rajoy visitó las instalaciones del Centro de Formación Ocupacional de Novas Tecnoloxías de COGAMI |
A visita do líder do PP comezou pasadas ás 12:00 do mediodía. Mariano Rajoy Brey, visitou as instalacións COGAMI, en concreto o Centro Especial de Emprego de Grafinco, unha imprenta na que traballan 13 persoas con discapacidade. Esta imprenta está situada no Centro de Formación Ocupacional de Novas Tecnoloxías de Cogami Lugo, Confederación Galega de Minusválidos, (rúa da luz 4 – no Campus Universitario). O Presidente Nacional do PP coñeceu de primeira man o traballo que se desenvolve na Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías para Grandes Discapacitados que está situada no mesmo edificio.
Ao remate da visita o líder do PP recibiu de mans do Presidente de Cogami, Anxo Queiruga Vila, un documento con distintas propostas relacionadas co colectivo de persoas con discapacidade. Na visita estiveron presentes ás entidades que están integradas en Cogami Lugo: Asociación Galega de Hemofilia, Auxilia- Lugo, Alcer, Agora, Auxilia- Monforte, Asociación A Mariña e Benxamín Paz de Vilalba. Do mesmo xeito asistirá un representante da Rede CEGASAL (Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro de Galicia), entidade que é membro directo da COGAMI.
Rajoy recorrió las calles de Lugo con los dirigentes del PP de Lugo |
Visita carpa campaña.-O Presidente Nacional do Partido Popular tivo a oportunidade de dar un paseo polo recinto histórico e visitar a carpa de campaña que situada na praza Maior de Lugo onde Rajoy saudou aos integrantes da candidatura. Nas declaracións que se realizaron no patio de COGAMI Joaquín García Díez puxo de manifesto que o programa de Mariano Rajoy en Lugo responde á preocupación e ao compromiso importante que ten o Partido Popular, tanto a nivel nacional, como dende a candidatura de Lugo, cos colectivos de persoas con discapacidade.
El presidente nacional del PP, Mariano Rajoy, saludó a los simpatizantes en su recorrido. |