Partido Popular de Lugo

BARREIRO AFIRMA QUE HAI UNHA APOSTA REAL POLOS XÓVENES QUE OCUPAN UNHA TERCEIRA PARTE DAS CANDIDATURAS DA PROVINCIA

O PP de Lugo conta con 300 candidatos menores de 35 anos

O PP de Lugo conta con 300 candidatos menores de 35 anos

Sábado, 5 de maio de 2007.- “A mocidade é unha das prioridades de futuro para o Partido Popular de Lugo”, esta afirmación é do Presidente Provincial José Manuel Barreiro quen quixo deixar claro, esta mañá, a aposta “dos seus” por incorporar nas listas de toda a provincia a candidatos menores de 35 anos. “Son 300, mozos e mozas lucenses, os que concurrirán ás eleccións do vindeiro 27 de Maio. Dentro deste segmento de idade as candidatas superan en 4 puntos ao número de homes: suman 154 mulleres, o que supón un 52%, e 143 son homes o que supón un 48%”. A media de idade destes 300 mozos e mozas é de 29 anos, habendo unha representación de tódolos eidos sociais.

José Manuel Barreiro insistiu en que para o Partido Popular a presenza dos xóvenes nas súas candidaturas non é algo testimonial “temos exemplos de candidatos en postos de saída, como a nº2 de Lugo, Cristina Ares. Noutros casos destacados estes xóvenes son

os cabezas de lista como sucede con Lola Castro en Folgoso do Courel, ou Luis Mingo, que con tan só 26 anos é xa candidato a alcalde do concello de Negueira de Muñiz

O Presidente Provincial dixo que se percibía, ás claras, a importante presenza da xuventude nas candidaturas do PP “prácticamente unha terceira parte dos integrantes das listas son xóvenes, as candidaturas onde teñen unha maior presenza son en Viveiro (13), Castro de Rei e Xove (10), Cospeito (9), Ribadeo, Vilalba, Carballedo, Abadín e Láncara (8).

Propostas de futuro.-
Para José Manuel Barreiro a xente moza é o mellor activo que ten o partido “coa súa ilusión, o seu traballo, as súas propostas de futuro conseguiremos que a provincia se sitúe na vangarda de Galicia”.

“Nestas eleccións as preocupacións e inquedanzas dos mozos e mozas están máis presentes que nunca. A frescura e a perspectiva da xuventude apréciase moi claramente en medidas específicas que figuran nos nosos programas. Hai importantes compromisos no eido medio ambiental, de políticas sociais e no campo das novas tecnoloxías”.

Barreiro agradeceu o esforzo dos máis novos e asegurou que sabendo que conta co seu respaldo afronta esta cita electoral cunha ilusión renovada, “coa vosa axuda o noso proxecto é máis completo, coa vosa presenza imos acadar un apoio maioritario dos lucenses e moi especialmente de tódolos xovenes da provincia porque imos traballar por e para eles”.

“Temos unhas candidaturas ambiciosas e que cren realmente nos xovenes, queremos dende o pp de lugo representar de forma auténtica a unha mocidade que ten moito por dicir nesta provincia”, concluiu.

PRENSA
PARTIDO POPULAR