![]() |
Os cinco candidatos dos municipios dos Ancares presentaron as súas candidaturas en Becerreá |
Venres, 4 de maio de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, acompañou hoxe en Becerreá aos candidatos dos concellos da comarca dos Ancares no acto de presentación das súas candidaturas que contou coa asistencia de preto de 300 persoas. Na presentación, Barreiro pediu aos veciños dos Ancares que apoien aos candidatos do PP porque presentan “os mellores equipos e os mellores programas para o futuro dos concellos”.
José Manuel Barreiro, quen agradeceu aos candidatos que non repiten a súa candidatura o traballo feito nestes anos, lembrou que o proxecto popular pretende levar o progreso e a calidade de vida a tódolos cidadáns, sen distinción. “Non pode haber unha Galicia de dous velocidades, -dixo Barreiro-, hai que apostar polo desenvolvemento dos concellos do interior con propostas innovadoras e proxectos que permitan a súa consolidación e crecemento”. Barreiro explicou que nos concellos onde goberna o PP iso é unha realidade mentres que noutros adícanse a “falar de balde e vender fume”, e pediu que se compare o traballo feito nos concellos dos Ancares gobernados polo PP nos últimos anos co que se fixo nos gobernados polo PSOE.
Barreiro explicou que os concellos dos Ancares gañarán máis se traballan de forma conxunta na solución dos seus problemas “e para iso é preciso que se aposte por un proxecto común como o que defende o Partido Popular”, comentou Barreiro.
O presidente provincial referiuse tamén aos candidatos do PP, como persoas que traballan para solucionar os problemas da xente “mentres que outros veñen á política a solucionar os seus propios problemas”, e dixo que con esa actitude non se pode estar na política.
José Manuel Barreiro animou aos candidatos a levar o mensaxe do PP e pediu aos veciños de cada concello que se puxeran detrais das candidaturas populares para acadar unha gran victoria o día 27.
A continuación interviron tamén os candidatos dos concellos, o primeiro deles o candidato á alcaldía de Becerreá, o empresario Antonio González Madarro, quen anunciou a súa intención e mailo seu equipo de “traballar desinteresadamente polo desenvolvemento de Becerreá de traballar duro polo municipio”, para iso González presenta unha candidatura con representantes de tódolos sectores económicos e sociais do concello. González Madarro anunciou que centrará o seu programa en seis áreas principais, sendo o principal un plan de creación de emprego que contempla a habilitación dun polígono industrial de titularidade municipal. Os aspectos sociais ocupan tamén un lugar destacado do seu programa, que aspira a acadar unha residencia da terceira idade para Becerreá. Outros aspectos importantes son a mellora urbanística da vila, a mellora do medio rural, o impulso dun plan de desenvolvemento turístico e a potenciación de diversos servizos para os veciños.
Pola súa banda, o candidato de Baralla e actual rexedor do concello, Manuel Jesús González Capón, agradeceu ao presidente provincial o seu apoio ao municipio durante a súa etapa de conselleiro de Medio Ambiente na que puxo en marcha a depuradora, e anunciou que o PP ten que gañar en Baralla para consolidar os proxectos que están en marcha como o parque empresarial e a área fluvial que permitirán relanzar o desenvolvemento económico do municipio.
O candidato de Cervantes, o veterinario José López Fernández, afirmou que Cervantes precisa un cambio despóis de doce anos de “inoperancia socialista”. López explicou que “non importa que o PSOE cambie ao seu cabeza de lista, despois de ter perdido servizos en transporte e saúde xa sabemos o que van facer”. O novo candidato popular de Cervantes quere fomentar o desenvolvemento das parroquias do municipio dotándoas dos servizos básicos como o alumeado público, e mellorar as comunicacións, mellorando a cobertura de telefonía nas zonas de sombra, así como manter e limpar as pistas municipais e ofrecer unha mellor atención administrativa no concello para orientar aos veciños nos trámites que precisen.
Jesús M. Núñez Díaz, candidato do PP en As Nogais, presentou a súa candidatura coa esperanza de renovar a vida política no municipio. “Somos xente traballadora e estamos dispostos a facer o mellor polo noso concello, non nos conformarnos con ser un concello de segunda e queremos convertir As Nogáis nun municipio de referencia na comarca”, comentou. O candidato popular criticou a política oscurantista seguida polo alcalde e anunciou a súa intención de facer unha política de portas abertas que permita recuperar a ilusión da xente co seu concello e fixar poboación.
O candidato de Pedrafita, Jesús González García, presentou a súa candidatura coa que aspira a desbancar ao socialista Raposo do concello. Segundo González, o PSOE “non está a traballar polos veciños senón por si mesmo” e criticou a forma de actuar do alcalde, oscurantista e “gobernando só para os seus amigos”. González anunciou a súa intención de ser un alcalde que escoite a todos e traballe para o futuro do municipio. Nese senso, entre as súas propostas de programa contempla a aprobación dun plan xeral, a construcción dunha residencia para a terceira idade e promover a construcción de vivendas de protección oficial. Asimesmo, amosouse partidario de solucionar o tema do matadoiro que leva anos sen rematar, así como dotar dun saneamento e suministro de augas decente ás aldeas.
CANDIDATURA PP DE BECERREÁ.-
1. Antonio González Madarro
52 anos, empresario.
2. María Nélida Mon Alba
47 anos. Médico.
3. Juan Víctor Arturo Reimondez Dobao
64 anos. Xubilado.
4. María Luisa Satín López
44 anos. Funcionaria.
5. Ana María Vilor Bolaño
35 anos. Auxiliar de Enfermería.
6. Miguel Castro Fernández
29 anos. Empregado.
7. Eulogio Santiago Pagano Rosón
42 anos. Farmacéutico.
8. Alberto Alonso Fernández
38 anos. Funcionario.
9. Mercedes Rodríguez Dono
45 anos. Administrativo.
10. Jesús Fernández Fernández
62 anos. Agricultor-Gandeiro.
11. Manuel Pereira Fernández
71 anos. Constructor.
SUPLENTES
1. Mercedes Dorado Fernández
56 anos. Funcionaria.
2. Manuel-Alejandro Vilela León
42 anos. Empregado.
3. Emma María Fernández Haba
40 anos. Axente de viaxes.
4. Antonio Gil Núñez
52 anos. Neurólogo.
CANDIDATURA PP DE BARALLA.-
1. Manuel Jesús González Capón
55 anos, industrial.
2. María Rosa Caloto López
52 anos. Agricultor.
3. José Guillermo Otero Núñez
55 anos. Agricultor.
4. Manuel Rodríguez Vilela
33 anos. Industrial.
5. Manuel Mourelos González
50 anos. Industrial.
6. Carlos Pérez Pardo
69 anos. Xubilado.
7. José Cando Paz
42 anos. Empregado transporte.
8. Alberto Enrique Parajuá Alonso
30 anos. Industrial Hostelería.
9. Rubén Armada López
20 anos. Estudiante.
10. Manuel Fernández Gómez
50 anos. Empregado Xunta de Galicia.
11. José López Moreira
66 anos. Empregado Deputación Provincial.
SUPLENTES
1. Jesús Pérez Armada
57 anos. Gandeiro.
2. José Luis Fernández Fernández
57 anos. Gandeiro.
3. Manuel López Ayan
56 anos. Gandeiro.
CANDIDATURA PP DE CERVANTES.-
1. José López Fernández
37 anos, Veterinario clínico.
2. María del Carmen Colmenares Cal
62 anos. Profesora no CEIP de Cervantes.
3. José Gómez Vilor
55 anos. Empregado.
4. Manuel Fernández Asenjo
26 anos. Gandeiro.
5. Raquel Fernández Méndez
27 anos. Ama de casa.
6. Mayra Digón Valcarce
22 anos. Estudiante.
7. Eduardo Gutiérrez López
36 anos. Gandeiro.
8. Alfredo González Méndez
36 anos. Empresario.
9. María Carmen Santín Trabado
45 anos. Ama de casa.
SUPLENTES
1. Eduardo Rosón Fernández
37 anos. Empresario.
2. Jesús Gómez López
63 anos. Empregado.
CANDIDATURA PP DE AS NOGAIS.-
1. Jesús Manuel Núñez Díaz
49 anos, Autónomo.
2. Manuel Álvarez Núñez
28 anos. Autónomo.
3. Manuel García Bernedo
53 anos. Agricultor.
4. Demetrio Ruiz Mourín
23 anos. Empregado.
5. Juan Cortizas Díaz
50 anos. Médico.
6. Isabel Méndez Fernández
33 anos. Autónoma.
7. José Luis Lage Veiga
36 anos. Agricultor.
8. Miguel López Freijo
22 anos. Carpinteiro.
9. Constantino Bendoiro Legaspi
72 anos. Xubilado.
SUPLENTES
1. Eladio Valín García
55 anos. Agricultor.
2. José Doval Lage
51 anos. Hosteleiro.
CANDIDATURA PP DE PEDRAFITA DO CEBREIRO.-
1. Jesús González García
51 anos, está casado e é técnico de sondeos.
2. José Méndez García
61 anos. Agricultor.
3. Manuel Lolo Aira
32 anos. Químico.
4. Jaime Pol Carballo
50 anos. Agricultor.
5. José Luis Fernández Teijeira
28 anos. Empresario.
6. Víctor Manuel García Pérez
32 anos. Hosteleiro.
7. José Rebollal Raposo
54 anos. Agricultor.
8. Ana Mª Leal Fernández
51 anos. Empresaria de hostelería.
9. Germán González Domínguez
46 anos. Guardia de Seguridade.
SUPLENTES
1. Amadeo Espín Sánchez
33 anos. Funcionario.
2. Berta Raposo Valín
32 anos. Licenciada en Empresariais.
3. Julia Fernández Caldeiro
anos. Xestora administrativa.
PRENSA
PARTIDO POPULAR